FSIE 40 años

Conferencia sectorial 2O Ministerio de Educación y Formación Profesional anunciou que mañá, durante a Conferencia Sectorial de Educación, presentarase un documento que se elaborou, en colaboración co Ministerio de Sanidad, para que sirva como base aos centros para a organización e desenvolvemento do curso escolar 2020/2021.

O texto pretende facilitar ás Comunidades autónomas, as administracións educativas e os propios centros un marco normativo que deberá ser adaptado e implementado segundo as necesidades de cada territorio e a realidade propia de cada centro.

O obxectivo desta guía é ofrecer a todos os axentes implicados unha estratexia consensuada e común para garantir unha contorna segura para o profesorado, o alumnado e as súas familias a fin de retomar a actividade presencial nas aulas o próximo curso.

O documento incide nunha serie de principios básicos como son a limitación de contacto, a hixiene, limpeza e ventilación e a existencia dun protocolo de xestión de casos ademais da necesaria reorganización da actividade do centro e da elaboración, de maneira complementaria, dun Plan de Inicio de Curso e Plans de Continxencia para cada centro educativo.

Respecto das medidas de distanciamento e prevención persoal, proponse protocolos diferenciados en función do nivel educativo. Por tanto para a Educación infantil, ata 4º de Primaria incluído, recoméndase a formación de grupos estables convivencia de 15 alumnos idealmente (máximo 20) que poderán socializar sen restricións. O uso da máscara non será obrigatorio nestes niveis nin necesario sempre que se atopen dentro do seu denominado "grupo estable de convivencia" , debendo levala cando estean fóra do mesmo e non se poida manter a distancia de 1,5 metros.

Para 5º e 6º de Primaria, Secundaria e Bacharelato establécese que os espazos se reorganizarán mantendo unha separación entre mesas de 1,5 metros sendo obrigatorio o uso da máscara cando non poida manterse dita distancia a excepción do tempo que estean sentados no seu pupitre.

Como normas xerais mantéñense as medidas de hixiene persoal como son a hixiene de mans frecuente, evitar tocarse o nariz, ollos e boca ou usar panos desbotables e introdúcense recomendacións como priorizar, na medida do posible, o uso de espazos ao aire libre e manter as xanelas abertas o maior tempo posible, sempre que as condicións meteorolóxicas o permítan.

Por último indícase que cada centro deberá dispor dun protocolo de limpeza e desinfección adecuado ás súas características pero que cumpra uns mínimos establecidos de frecuencia, unha vez ao día, intensificándose en espazos de maior uso como os aseos (polo menos tres veces ao día) e que deberá seguir o protocolo de xestión de posibles casos que se indica no documento de medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde.

Á espera de coñecer o contido completo deste documento, desde FSIE insistimos en que a regulación normativa das administracións competentes e a súa aplicación por parte dos centros educativos debe ter sempre como prioridade salvagardar a saúde dos traballadores e do alumnado e que as decisións que se adopten de cara ao curso escolar 2020-21 deben estar en continua revisión e adaptación ás circunstancias que existan en cada momento. Estaremos vixiantes para que así sexa.

Documentos relacionados

Nota de Prensa del Ministerio de Educación y FP

 Banner Decalogo2

Temos 168 anónimos e ningún membro en liña