FSIE 40 años

Isabel Celaa

O Ministerio de Educación anuncia a elaboración dun novo documento con 29 medidas que se fará público proximamente.

A reunión da Conferencia Sectorial de Educación celebrada esta mañá concluíu, segundo o confirmou a Ministra de Educación en rolda de prensa, cun acordo alcanzado coas CC.AA. que se recolle nunha Declaración de actuacións coordinadas en Saúde Pública fronte ao COVID-19 para os centros educativos durante o curso 2020-2021.

A reunión, que se celebrou de maneira telemática contou coa participación do ministro de Sanidade, Salvador Illa; a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá; a ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias; e os conselleiros e conselleiras de Sanidade e Educación de todas as CC.AA.

O acordo, cuxo documento final non transcendeu aínda, recolle 29 medidas e 5 recomendacións cuxa aplicación corresponderá ás autoridades autonómicas competentes. Con carácter xeral concluíuse que a actividade lectiva será presencial priorizando a asistencia dos menores ata segundo da ESO e que a suspensión das clases por parte das CC.AA. será unha medida de extrema excepcionalidade.

Entre outras novidades, confírmase que os centros escolares permanecerán abertos durante todo o curso garantindo a prestación de servizos como os de comedor ou apoio a alumnado con necesidades especiais, o uso da máscara será obrigatorio para maiores de 6 anos e recomendable de 3 a 5, e realizarase unha toma de temperatura corporal a todo o alumnado e ao persoal de forma previa ao comezo da xornada.

Ademais, como xa se recollía no documento Medidas de Prevención, Higiene y Promoción de la Salud frente a la COVID19 para Centros Educativos en el curso 2020-2021, elaborado polos Ministerios de Sanidade e Educación o pasado mes de xuño, os centros deberán intensificar a ventilación, limpeza e desinfección dos espazos, realizar unha hixiene de mans frecuente e reorganizar todas as actividades do centro para garantir o cumprimento da distancia mínima de seguridade de 1,5 metros.

Para FSIE, a falta de coñecer o documento definitivo, este acordo non achega solucións nin criterios de actuación claros e unánimes ao quedar o desenvolvemento e aplicación do mesmo en mans das CC.AA. e moitos aspectos, en última instancia, en mans dos propios centros e do seu persoal. Tras a que foi a sexta Conferencia Sectorial de Educación non se fixaron directrices claras en canto ao cociente, á conveniencia de facer estudos serolóxicos ou test a profesionais e alumnado ou á necesidade de adaptar a carga lectiva e implantar a xornada continuada, entre outras moitas medidas que consideramos imprescindibles.

Tampouco se deu resposta ás dúbidas plantexadas ao redor da figura do "responsable para os asuntos relacionados co COVID19" que deberán incorporar todos os centros. Desde FSIE insistimos reiteradamente na necesidade de incorporar persoal sanitario aos centros que, ante a actual situación de crise sanitaria, debería ser o que asumise ditas funcións que, baixo ningún concepto deben recaer sobre o persoal docente, de administración e servizos ou complementario.

Documentos relacionados

Nota de prensa_ Ministerio de Educación y Formación Profesional

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 161 anónimos e ningún membro en liña