FSIE 40 años

Nino mascarilla rrssO Sindicato denuncia a insuficiencia do Plan e esixe o permiso retribuído que o Goberno anunciou para quen deben coidar a familiares enfermos ou en corentena por Covid-19.

O próximo día 31 de xaneiro expira a prorróga do "Plan MECUIDA" que permite aos traballadores por conta allea adaptar ou reducir a súa xornada laboral para coidar a familiares, ata o segundo grao de consanguinidade, que se viron afectados pola COVID-19.
FSIE, aínda que se prorrogue novamente este Plan, vén denunciando que é unha medida insuficiente e prexudicial para os traballadores xa que son estes os que fan fronte a esta situación tendo que reducir o seu salario nalgúns casos ata o 100%. Hai situacións persoais e familiares nas que un traballador non se pode permitir unha redución do salario e, en moitos casos, a adaptación e flexibilización da xornada non é posible en determinadas actividades. A realidade é que para moitos cidadáns non existe a posibilidade de conciliar a vida familiar e laboral para poder coidar a familiares enfermos de COVD-19 ou en corentena.

O Goberno incumpriu a promesa anunciada no mes de setembro de 2020 de aprobar un permiso retribuído para os traballadores que se visen obrigados a quedar na casa para coidar a familiares afectados polo coronavirus ou restricións derivadas do mesmo. Coa volta ás aulas, este permiso adquiría unha especial relevancia no ámbito educativo e no coidado dos menores.

Daquela promesa non se volveu a saber nada ata a data e as familias están a ter moitos problemas para poder coidar aos seus fillos enfermos de COVID-19 ou en corentena por contacto estreito. O protocolo seguido polos centros educativos e de atención a persoas con discapacidade ante un caso positivo, aínda que necesario para previr a expansión do virus, afecta de maneira inmediata a moitas familias que, ante o peche da aula afectada, deben afrontar a situación con escasas ou nulas posibilidades de conciliación.

Ante esta situación, FSIE esixe a mellora do Plan MECUIDA incluíndo a aprobación dun permiso retribuído durante os días de enfermidade ou corentena e a súa prórroga polo tempo que sexa necesario para facer fronte á crise sanitaria. Nunha situación tan complexa e excepcional como a que estamos a vivir é imprescindible contar cunha medida de protección para o traballador que faga posible, nestas circunstancias tan especiais e sen prexuízo para o mesmo, a atención e o coidado das persoas, especialmente menores, persoas con discapacidade, maiores e vulnerables.

Documentos relacionados
Nota de Prensa_FSIE solicita a prórroga e mellora do "Plan MECUIDA"

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 120 anónimos e ningún membro en liña