FSIE 40 años

FSIE PIDE NO COMEZO DE CURSO QUE SE TRABALLE PARA ACADAR O PACTO EDUCATIVO E SE ACABE COAS POLÍTICAS EN CONTRA DO ENSINO CONCERTADO

Captura de pantalla 2017 08 28 a las 14.04.15Aproveitando o inicio do curso 2017-2018 este 1 de setembro, FSIE quere incidir en que se presenta unha nova oportunidade e un novo reto especialmente importante para o futuro da nosa sociedade e o noso país e insta a todas as forzas políticas, ás administracións públicas competentes e a todos os membros da comunidade educativa a realizar un necesario esforzo para atopar e reforzar todos os aspectos que nos unen e que leve a que os traballos iniciados no Congreso dos Deputados para acadar o Pacto Social e Político pola Educación dean o seu froito e se logre así un cordo do que naza un sistema educativo no que todos teñamos o noso sitio.

NA NOSA OPINIÓN: "O PROBLEMA PARA ALCANZAR O PACTO EDUCATIVO É POLÍTICO MÁIS QUE TÉCNICO", ENTREVISTA A FRANCISCO JAVIER MUÑOYERRO, SECRETARIO XERAL DE FSIE

Captura de pantalla 2017 06 08 a las 10.56.47O secretario xeral de FSIE, Francisco Javier Muñoyerro, concedeu unha entrevista ao periódico Magisterio na que falou dos retos da organización para os próximos anos, así como de cuestións de actualidade que afectan aos profesionais do mundo da educación e ao futuro do sector. Temas como o Pacto Educativo, a Lei da Función Docente ou a recuperación dos recortes sufridos polos traballadores anos atrás centran esta entrevista. Podes lela completa na seguinte ligazón.

Documentos relacionados
Entrevista a Francisco Javier Muñoyerro en Magisterio 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 64 anónimos e ningún membro en liña