FSIE 40 años

NOVO RECORTE Á CONCERTADA NO 2013?

FSIE TRATA DE EVITALO CUNHA INTENSA ACTIVIDADE CO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E MAIS OS PARTIDOS POLÍTICOS

FSIE, organización sindical maioritaria no sector da ensinanza concertada e privada, xa denunciou que o módulo de concerto educativo para o ano 2012 foi modificado polo RD20/2012 do mes de xullo. Fixouse unha rebaixa do 4,5% en salarios e gastos variables e dun 1,5% en outros gastos.

No mesmo Real Decreto, ós funcionarios docentes suspéndeselles de forma excepcional o abono da paga extra de nadal sen que este desconto repercuta nas súas cotizacións á seguridade social e se lles garante un mecanismo de recuperación da cantidad perdida.

Ós docentes de ensinanza concertada estásenos aplicando este recorte nos nosos salarios e máis nas cotizacións á seguridade social. Por suposto non se contempla ningún mecanismo de recuperación.

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 146 anónimos e ningún membro en liña