Secundario Comunic Actual Auton

 

FSIE ASISTE Á INAUGURACIÓN DO XIV CONGRESO DE ESCUELAS CATÓLICAS

Captura de pantalla 2017 11 16 a las 12.35.16Javier Hernández Varas, Presidente e Francisco Javier Muñoyerro García, Secretario Xeral, representando a FSIE xunto con Rodolfo Castro Fernández, Secretario Federal de FSIE-GALICIA e mais Jesús Llavona por FSIE Asturias, asistiron este 16 de novembro, ao acto inaugural do XIV Congreso de Escuelas Católicas que se celebra en Oviedo e que congregará ata o día 18 a un total de 1.600 asistentes, entre directores, profesores, titulares de centros e outras personalidades.

Baixo o lema "Emociona", Escuelas Católicas preparou un encontro no que a comunicación é o fío condutor e que incidirá sobre a necesidade de comunicar na contorna educativa e a importancia deste feito dentro dos centros.

Durante as tres xornadas, os distintos relatorios falarán do significado da comunicación dentro da escola católica entendida como o encontro co outro, transmitindo, ademais, unha mensaxe que emocione e que responda ao que a sociedade e os alumnos reclaman.

A cita contará con nomes da talla de Juan Verde, codirector internacional da campaña para a reelección do presidente de Estados Unidos Barack Obama; Monseñor Dario Viganó, prefecto da secretaría para a Comunicación da Santa Sé; Gustavo Entrala, creador da conta oficial en Twitter do Papa; O Langui, actor e cantante de rap; ou Henry Jenkis, decano de Comunicación na Universidade de California e investigador no MIT.

O obxectivo final do congreso é recoñecer a comunicación como unha das ferramentas fundamentais na construción da educación adaptada ao noso tempo, pondo o foco na mensaxe, tentando que este cale nos alumnos, desde esa emoción que reza o lema.

 

 

 

FSIE-GALICIA MANTÉN SENLLAS REUNIÓNS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS DE EN MAREA, DO PARTIDO POPULAR E MAIS DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

GrupParlam En Marea 14 11 17O Secretario Federal de FSIE-GALICIA, Rodolfo Castro Fernández e o seu Presidente, Armindo Francisco Mera, continuando coa rolda de contactos cos Grupos Parlamentarios da Cámara galega reuníronse hoxe, primeiramente con representantes de En Marea, logo do Partido Popular para rematar esta rolda cos do Bloque Nacionalista Galego. Nas mesmas estiveron representadas as organizacións sindicais con representación na Ensinaza Concertada.

FSIE-GALICIA INICIA UNHA ROLDA DE CONTACTOS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS EN DEFENSA DOS INTERESES DOS TRABALLADORES DA ENSINANZA CONCERTADA

WhatsApp Image 2017 11 13 at 14.58.04FSIE-GALICIA representada por Rodolfo Castro Fernández (primeiro pola esda., na imaxe) e mais Armindo Francisco Mera (segundo pola esda., na imaxe) en calidade de Secretario Federal e Presidente, respectivamente, mantiveron esta mañá no Parlamento de Galicia unha reunión co Grupo Parlamentario Socialista na que tamén estiveron representadas as restantes organizacións sindicais con representación na Ensinanza Concertada, agás CCOO, para expoñerlle as reivindicacións que se veñen sucedendo ó longo de varios anos ó tempo que solicitarlle as defendan na Cámara do Parlamento galego, como son:

FORMACIÓN: VANTAXES NA MATRÍCULA EN GRAOS E MÁSTERES DA UNIVERSIDAD ISABEL I, POR SER DE FSIE

Captura de pantalla 2016 09 12 a las 11.48.21Está xa aberto o prazo de matrícula para cursar os graos e másteres da Universidade Isabel I, estudos oficiais, 100% en liña, con exames presenciais (trimestrais e en fin de semana) en distintas sedes que podes consultar aquí.

Por ser de FSIE gozarás das seguintes condicións vantaxosas:

* Para os Graos oficiais:

-Aqueles alumnos que se matriculen durante o mes de xuño poderán obter ata un 25% de desconto nos Graos (salvo Nutrición Humana e Dietética -NHyD- e Ciencias da Actividade Física e Deportiva -CAFD-).

A UNIVERSIDADE ISABEL I, OFRÉCECHE A POSIBILIDADE DE OBTER UN MÁSTER NOVEDOSO E DE GRANDE UTILIDADE NA DOCENCIA

mainHeader oa FSIE 600x350MÁSTER EN DISEÑO TECNOPEDAGÓGICO (E-LEARNING)

A rápida e imparable evolución da tecnoloxía penetrou por todos os recunchos do escenario educativo e propiciou unha necesidade de cambio a todos os niveis. A situación require xerar e actualizar profesionalmente aos actores do proceso de ensino-aprendizaxe atendendo a estas novas necesidades tanto tecnolóxicas como pedagóxicas. Nese punto emerxe o deseño tecnopedagóxico de forma imprescindible na creación dun ambiente de aprendizaxe adecuada ás necesidades do estudante.

FSIE APOIA A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS DE BACHARELATO

Captura de pantalla 2017 05 22 a las 11.32.41FSIE lanza a súa campaña a favor de elección de centros concertados que imparten Bacharelato co obxectivo de apoiar a liberdade das familias de elixir a educación que consideren máis acertada para os seus fillos.

Baixo a lema "Moitas razóns para vir. Moitas razóns para quedar", FSIE diríxese aos mozos que nestes momentos están a decidir onde estudar aquilo que lles gusta e lémbralles que teñen a oportunidade de elixir para iso un centro concertado.

FSIE considera necesario lembrar que a educación concertada e privada é unha opción a ter en conta, e postúlase como o único sindicato que fai unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado polo artigo 27 da nosa Constitución.

Ademais, FSIE quere destacar o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

Desde FSIE faise tamén un chamamento a todos os profesionais do sector para que colaboren na difusión desta idea entre a sociedade, porque é esencial defender un dereito fundamental e só mantendo a pluralidade na oferta, poderémolo garantir.

Documentos relacionados
Flyer campaña de escolarización en BACHARELATO 2017 - material para imprimir

 

 

 

Temos 23 anónimos e ningún membro en liña