FSIE 40 años

PARA WEB cartel a3 concertados2017FSIE, como organización sindical maioritaria no ámbito da educación concertada e privada, puxo en marcha, como vén facendo nos últimos anos, a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados, aproveitando a apertura do período de matriculacións para o próximo curso 2017-2018.

Baixo a lema "Para que voen moi alto... ti decides a ruta. A súa educación é a túa elección", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a elixir a formación e educación que consideren máis adecuada para os seus fillos, tal e como se recolle no artigo 27 da Constitución, podendo apostar por centros concertados ou privados.


Con esta acción, FSIE, como voz dunha ampla parte da comunidade educativa, quere lembrar que a educación concertada e privada é unha opción de futuro a ter en conta, facendo unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado pola nosa Carta Magna.

Ademais, FSIE quere destacar e pór en valor o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

 


Documentos relacionados
Cartel campaña de escolarización en centros concertados 2017 - material para imprimir

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 80 anónimos e ningún membro en liña