Captura de pantalla 2017 05 22 a las 11.32.41FSIE lanza a súa campaña a favor de elección de centros concertados que imparten Bacharelato co obxectivo de apoiar a liberdade das familias de elixir a educación que consideren máis acertada para os seus fillos.

Baixo a lema "Moitas razóns para vir. Moitas razóns para quedar", FSIE diríxese aos mozos que nestes momentos están a decidir onde estudar aquilo que lles gusta e lémbralles que teñen a oportunidade de elixir para iso un centro concertado.

FSIE considera necesario lembrar que a educación concertada e privada é unha opción a ter en conta, e postúlase como o único sindicato que fai unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado polo artigo 27 da nosa Constitución.

Ademais, FSIE quere destacar o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

Desde FSIE faise tamén un chamamento a todos os profesionais do sector para que colaboren na difusión desta idea entre a sociedade, porque é esencial defender un dereito fundamental e só mantendo a pluralidade na oferta, poderémolo garantir.

Documentos relacionados
Flyer campaña de escolarización en BACHARELATO 2017 - material para imprimir

 

 

 

Temos 39 anónimos e ningún membro en liña