FSIE 40 años

WhatsApp Image 2017 11 13 at 14.58.04FSIE-GALICIA representada por Rodolfo Castro Fernández (primeiro pola esda., na imaxe) e mais Armindo Francisco Mera (segundo pola esda., na imaxe) en calidade de Secretario Federal e Presidente, respectivamente, mantiveron esta mañá no Parlamento de Galicia unha reunión co Grupo Parlamentario Socialista na que tamén estiveron representadas as restantes organizacións sindicais con representación na Ensinanza Concertada, agás CCOO, para expoñerlle as reivindicacións que se veñen sucedendo ó longo de varios anos ó tempo que solicitarlle as defendan na Cámara do Parlamento galego, como son:

-        O Acordo de Mantemento de Emprego, suspendido dende o ano 2009.

-        A supresión do parágrafo terceiro do art. 53.2 do Proxecto de Lei de Orzamentos para o ano 2018, que impide calquera tipo de Acordo, Instrución ou Resolución para o aboamento da Paga Extraordinaria por Antigüidade na Empresa (Paga de 25 anos ou PEAE), non aboada dende o derradeiro Acordo asinado en 2010.

-        A eliminación da Disposición adicional novena, que mantén o Acordo plurianual 2008-2009-2010 suspendido na súa cláusula Terceira, quedando así pendente do ano 2010 un incremento interanual do 2% no Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma e o incremento de 45 euros brutos/mes para todo o profesorado en pago delegado e xornada completa.

A reunión rematou co compromiso do Grupo Parlamentario Socialista de apoiar as nosas reivindicacións expostas.

 

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 93 anónimos e ningún membro en liña