FSIE 40 años

GrupParlam En Marea 14 11 17O Secretario Federal de FSIE-GALICIA, Rodolfo Castro Fernández e o seu Presidente, Armindo Francisco Mera, continuando coa rolda de contactos cos Grupos Parlamentarios da Cámara galega reuníronse hoxe, primeiramente con representantes de En Marea, logo do Partido Popular para rematar esta rolda cos do Bloque Nacionalista Galego. Nas mesmas estiveron representadas as organizacións sindicais con representación na Ensinaza Concertada.

Ó longo das mesmas, solicitóuselles a súa intermediación para conseguir a retirada do parágrafo terceiro do art. 53.2 do Proxecto de Lei de Orzamentos para o ano 2018, que impide calquera tipo de Acordo, Instrución ou Resolución para o aboamento da Paga Extraordinaria por Antigüidade na Empresa (Paga de 25 anos ou PEAE), non aboada dende o derradeiro Acordo asinado en 2010.

E, tamén, a eliminación da Disposición adicional novena, que mantén o Acordo plurianual 2008-2009-2010 suspendido na súa cláusula Terceira, quedando así pendente do ano 2010 un incremento interanual do 2% no Complemento Retributivo da Comunidade Autónoma e o incremento de 45 euros brutos/mes para todo o profesorado en pago delegado e xornada completa.

Dicir, que tanto no Grupo Parlamentario de En Marea como no Bloque Nacionalista Galego se comprometeron a defender unha emenda solicitando a retirada de ambas as dúas cláusulas prohibitivas.

O Grupo Parlamentario do Partido Popular, pola súa parte,  adquiriu o compromiso de darlle traslado ó Goberno galego das nosas peticións. Non sen antes, amosar certa preocupación pola ausencia de interlocución cos representantes dos traballadores da ensinanza concertada, nestes pasados anos; polo que tentarán interceder para que esta situación reverta.

 GrupoParlam PP 01 14 11 17

 GrupoParlam bng 14 11 17

 

Temos 62 anónimos e ningún membro en liña