FSIE 40 años

WhatsApp Image 2017 11 29 at 12.22.44

Os representantes sindicais de FSIE, FeSP-UGT, CCOO ensino, FEUSO e CIG ensino presentámonos hoxe na Consellería para esixir unha reunión co conselleiro sobre o ensino privado concertado

• Os sindicatos presentamos a comezos de xuño unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego e seguíamos sen resposta.
• A comezos de outubro solicitamos unha reunión co Conselleiro e novamente o silencio foi a resposta.

Así pois, decidimos dar un paso adiante e presentámonos hoxe na Consellería de Educación para esixir que o Conselleiro Román Rodríguez nos recibise, ante a falta de resposta por parte da Administración ás peticións presentadas por escrito nos últimos meses para tratar asuntos moi relevantes que afectan aos máis de 7.000 traballadores e traballadoras do Ensino Concertado. Finalmente, despois de varias horas de espera na Consellería, a reunión terá lugar o próximo martes 5 de decembro. Os representantes sindicais recordamos que o profesorado da Concertada de Galicia leva 7 anos perdendo salario e dereitos e afastándose do legalmente establecido na LODE, LOE e LOMCE cos compañeiros de Pública e da Concertada doutras Comunidades.

E que despois de moitos meses de espera, a paciencia chegou ao seu fin e todas as organizacións sindicais decidimos, de forma conxunta, presentármonos na Consellería para esixir respostas. O pasado día 5 de xuño, as organización sindicais presentamos por escrito ao Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego pactada coa patronal, tal e como este solicitara na última reunión da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC). O silencio foi a única resposta recibida, polo que o pasado día 4 de outubro os sindicatos decidimos acudir ao Conselleiro Román Rodríguez, solicitando por Rexistro unha reunión con el para tratar temas laborais sobre o ensino concertado e explicándolle a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras. A falta de resposta por parte do Director Xeral e a necesidade de dar resposta a un colectivo moi castigado nos últimos anos. Mes e medio despois nin sequera unha contestación por escrito ou telefónica para dar unha cita, polo que as organizacións sindicais vímonos obrigadas a dar un paso adiante en defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras do ensino privado concertado.

No escrito presentado ao Conselleiro explícaselle que a última convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado celebrouse no ano 2016 e que, a pesar de solicitar por escrito ao Director Xeral de Centros a convocatoria dunha reunión da CTEPC para estudar a proposta de acordo de mantemento de emprego, pactada coa patronal, seguen sen resposta. Ademais actualmente a CTEPC carece de contidos e só é convocada, cando a convocan, para informar.WhatsApp Image 2017 11 29 at 11.38.01

Temas a tratar:

O Acordo de Mantemento de Emprego é unha das prioridades, xa que “non temos Acordo de Mantemento de Emprego (AME) dende o ano 2009, e a perda de unidades suporá un maior paro”.

O abono da coordinación de dinamización lingüística que non están a cobrar. Ademais, as organizacións sindicais recordamos os recortes salariais soportados por este colectivo nos últimos anos, consolidados en nómina e que aínda non terminaron de recuperarse, así como a paga extraordinaria de antigüidade dos 25 anos, que non se aboa dende o 2010, “sendo Galicia a única Comunidade Autónoma do Estado que non paga a PEA, dereito recoñecido por xurisprudencia reiterada”.

Por todo isto, e ante a situación de recuperación económica “da que tanto se fala na Xunta, cremos que chegou o momento de empezar a negociar un Acordo de Mantemento do Emprego, un Acordo de abono da PEA ou un calendario de recuperación salarial, así como o abono da coordinación de dinamización lingüística que non están a cobrar os traballadores/as do ensino concertado”.




 

Temos 67 anónimos e ningún membro en liña