FSIE 40 años

IMG 20171205 WA0000 ret1

A reunión co Conselleiro, tempo perdido!

O Conselleiro segue a discriminar ós traballadores da ensinanza concertada non estimando as demandas presentadas polos representantes dos traballadores (FSIE, FeSP-UGT, CCOO, FEUSO e CIG), na reunión tida hoxe con el.

Segue a manter na Lei de Orzamentos para o ano 2018 o art. 53.2 que elimina toda posibilidade de negociación sobre temas pendentes que conculcan dereitos dos traballadores. Isto supón non respectar a Constitución Española no seu art. 37 onde se garante a negociación colectiva.

Do mesmo xeito, ó manter a Disposición adicional 9ª evidénciase a inseguridade xurídica á que estamos sometidos porque a Consellería non asume facer efectivo o Acordo plurianual 2008-2010, publicado no BOE e mais no DOG do 30 de maio de 2008.



 

Temos 63 anónimos e ningún membro en liña