FSIE 40 años

Cartel ConcertadaFSIE puxo en marcha, como vén facendo nos últimos anos, a súa nova campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados, aproveitando a próxima apertura do período de matriculacións para o curso 2018-2019.

Baixo O lema "Dálle ás para que acade a súa meta", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a elixir a formación e educación que consideren máis adecuada para os seus fillos, tal e como se recolle no artigo 27 da Constitución, podendo apostar por centros concertados ou privados.

Con esta acción, FSIE, como voz dunha ampla parte da comunidade educativa, defende que a educación dos fillos é elección dos pais e quere lembrar que a educación concertada e privada é unha opción para o seu futuro que tamén poden considerar, facendo así, desde a organización, unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado pola nosa Carta Magna.

Ademais, FSIE quere destacar e pór en valor o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

Desde FSIE faise tamén un chamamento a todos os profesionais do sector para que colaboren na difusión desta idea entre a sociedade, porque é esencial defender un dereito fundamental e só mantendo a pluralidade na oferta, o poderemos garantir.

 

 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 176 anónimos e ningún membro en liña