FSIE 40 años

DATAS PARA NON ESQUECER.-

1 de xuño: Remata o prazo para presentar as solicitudes.

15 de xuño: Último día para dar a coñecer as resolucións ós traballadores..

26 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

12 de xullo: ültimo día para a Resolución da Comisión Mixta ás reclamacións.

COMISIÓN MIXTA DE BECAS

CPR Plurilingüe Divina Pastora - Salesianos

Pza. da Milagrosa, 10

27003 LUGO

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

BENEFICIARIOS/AS.-

a) Calquera traballador/a, docente ou non docente, dun Centro educativo concertado que teña algún fillo/a escolarizado/a no seu Centro ou noutro Centro concertado.

b) Os fillos orfos daqueles traballadores que ó falecer tiveran unha antigüidade superior a 2 anos.

c) Os fillos dos traballadores en situación de excedencia forzosa, agás o caso contemplado no art. 46.1.

REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.

CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 81 e Anexo IV do VI Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión mixta provincial de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.

A TER EN CONTA.-

Cumprimentar unha solicitude por cada fillo/a e presentar por triplicado no centro onde se solicita/n praza/s.

No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco no 616189094 ou no correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

IMPORTANTE!

Se queres solicitar a gratuidade para o teu fillo/a e non dispós do modelo de solicitude, podes pedírnolo e, tamén de ser o caso, poderemos orientarte á hora de cubrila.

 

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 80 anónimos e ningún membro en liña