FSIE 40 años

WhatsApp Image 2018 11 05 at 18.01.29Hoxe, 5 de novembro de 2018,en Santiago de Compostela, FSIE, as otras organización sindicais con representación na ensinanza concertada (FeSP-UGT, CCOO, USO, agás a CIG), as organizacións patronais (EeX, CECE, ACES) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional á fronte da cal estiveron a recentemente nomeada Conselleira Dª Carmen María Pomar e o Director X. de Centros, D. José Manuel Pinal, firmamos o Acordo sobre INCREMENTO SALARIAL DO PERSOAL DOCENTE DO ENSINO CONCERTADO EN RÉXIME DE PAGO DELEGADO.

Este Acordo agora, para que surta efecto, deberá ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e posteriormente publicado no DOG.

Así mesmo, unha vez levado a cabo o acto da firma do devandito Acordo, a Conselleira de Educación amosou a súa predisposición a reunirse con todas as organizacións o antes posible para empezar a falar dos temas pendentes que tanto preocupan a FSIE e, por ende, ás traballadoras e traballadores do ensino concertado.

E, por último, FSIE solicitou que esta xuntanza teña lugar como moi tarde a finais de novembro.


Documentos relacionados

FSIE informa

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 184 anónimos e ningún membro en liña