FSIE 40 años

isabel celaa 1 640x384O pasado venres 26 de outubro o Ministerio de Educación y Formación Profesional publicaba na súa web unha consulta pública previa ao anteproyecto de Ley Orgánica de modificación da actual Ley de Educación. Antes da finalización do prazo para presentar suxestións e achegas, o próximo día 10 de novembro, FSIE remitirá un documento coas súas propostas aínda que tras revisar o documento, adxunto ao final do texto, e a tenor dos últimos acontecementos a nosa confianza en que sexan tidas en conta é nula.

O Ministerio de Educación desbota calquera posibilidade de Pacto Educativo ao propoñer modificacións que nin dialogou nin consensuou coa comunidade educativa. O PSOE abandonou hai uns meses as conversacións sobre o Pacto coa escusa de que o PIB dedicado a educación debía ser do 5% e o PP non accedía á súa petición. Agora que Goberna o PSOE sigue sendo o mesmo e non propón a súa mellora.

Todo indica que o Goberno, tendo as eleccións autonómicas tan preto e ante a posibilidade de que a súa lexislatura sexa de curta duración, vai realizar unha serie de modificacións que atenden unicamente aos seus intereses partidistas.

Entre os temas a modificar, como non, de novo a Relixión, a coeducación e a limitación da liberdade de elección dos pais para levar aos seus fillos ao centro que desexen e que mellor se adapte ás súas necesidades e conviccións.

As modificacións que se propoñen non son as máis importantes para mellorar o sistema educativo que necesita unha Ley en profundidade, estable e consensuada a nivel político e social.

A ambigüidade e inconcreción intencionada do texto presentado polo Ministerio fannos presaxiar que o importante e lesivo para a ensinanza concertada virá cando se coñeza o articulado. No documento non se fai ningunha mención aos profesionais, e menos da concertada e privada, como tampouco se inclúe ningunha referencia á actualización dun xusto financiamento dos concertos, adecuada ao custo real, para garantir a gratuidade do ensino e acabar co problema das cotas voluntarias ás familias. Parece ser que nada disto se considera necesario para mellorar o sistema educativo.

Desde FSIE continuaremos traballando para conseguir que as necesidades reais tanto dos traballadores do sector da educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade como das familias sexan atendidas e para lograr así o sistema educativo eficiente e de calidade que a sociedade demanda.


Documentos relacionados

Reversión LOMCE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 131 anónimos e ningún membro en liña