FSIE 40 años

FSIE GA Conselleira 19 11 18Onte, 19 de novembro de 2018, o Secretario Federal de FSIE-GALICIA, Rodolfo Castro Fernández e mais a Secretaria de Comunicación, Yolanda Benito de Tapia, reuníronse coa Sra. Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dª Carmen Mª Pomar Tojo e mais o Sr. Director Xeral de Centros, D. José Manuel Pinal Rodríguez.

Na reunión, que discorreu nun ambiente cordial, o noso Secretario fixo unha exposición, polo miúdo, de todos os temas pendentes que tanto preocupan ás traballadoras e traballadores da ensinanza concertada para facerlle, finalmente, entrega do correspondente dossier no que se detallan todas as reivindicacións.

Hai que dicir a prol da Sra. Conselleira que seguiu con moita atención a devandita exposición e que prometeu manter connosco unha nova reunión en xaneiro.


Documentos relacionados

FSIE informa

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 50 anónimos e ningún membro en liña