FSIE 40 años

  • images/banners/Portada_FaceBook.jpg

DATAS PARA NON ESQUECER.-

3 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

17 de xuño: Último día para a comunicación ós traballadores..

28 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

14 de xullo: Último día para a Resolución da Comisión ás reclamacións.

COMISIÓN MIXTA DE BECAS DE LUGO

CPR Pluriligüe Divina Pastora-Salesianos

Pza. da Milagrosa, 10

27003 LUGO

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

BENEFICIARIOS/AS.-

a) Calquera traballador/a, docente ou non docente, dun Centro educativo concertado que teña algún fillo/a escolarizado/a no seu Centro ou noutro Centro concertado.

b) Os fillos orfos daqueles traballadores que ó falecer tiveran unha antigüidade superior a 2 anos.

c) Os fillos dos traballadores en situación de excedencia forzosa, agás o caso contemplado no art. 46.1.

REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.

CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 81 do Vi Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión mixta provincial de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.

A TER EN CONTA.-

Presentar unha solicitude, por triplicado, por cada fillo/a.

No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco no 982 241557, no 616189094  ou no correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., da FSIE-GALICIA en Lugo.

IMPORTANTE!

Se queres solicitar a gratuidade para o teu fillo/a e non dispós do modelo de solicitude, podes baixalo dende este enlace que che facilitamos, pedírnolo a nós e, tamén de ser o caso, despreocuparte, deixando que a entreguemos por ti á Comisión.

Documentos relacionados
MÁIS INFORMACIÓN SOLICITUDE BECAS GRATUIDADE
MODELO DE SOLICITUDE

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 358 anónimos e ningún membro en liña