
Baixo a lema "Constrúe un futuro á túa medida" FSIE diríxese a todos aqueles mozos que nestes momentos deciden que camiño seguir para lembrarlles que a formación profesional é unha opción de calidade para continuar cos seus estudos e alcanzar as súas metas profesionais e que para iso poden elixir un centro concertado.
Coa mensaxe "Formamos Profesionais, formamos persoas" preténdese ademais destacar o importante labor que realizan os docentes nestes centros que coa súa implicación e compromiso están contribuíndo a construír a sociedade do futuro ofrecendo unha formación integral e de calidade.
O sindicato maioritario no sector da ensinanza concertada e privada quere ademais facer un chamamento a todas e todos os profesionais do sector para que se impliquen na difusión deste enxoval e facelo chegar á sociedade no seu conxunto.
Documentos relacionados
Campaña Escolarización FP_Cartel_A3_Imprimir
Campaña Escolarización FP_Cartel_A3_Difusión dixital
Campaña Escolarización FP_Post para Redes Sociais