
• Acordo de Mantemento de Emprego (non temos AME desde setembro de 2009).
• Acordo que permita deixar sen efecto a suspensión en 2010, co inicio dos recortes de dereitos laborais e salariais, da cláusula terceira do Acordo Plurianual 2008-09-10 de
24 de abril de 2008 sobre condicións laborais e de calidade do ensino, quedando pendente unha revalorización do 2% do Complemento Retributivo Autonómico e 45 € por xornada completa. Este acordo foi asinado co Bipartito, aprobado en Consello da Xunta e publicado no DOG o 30 de maio de 2008.
• Acordo de Xubilación Parcial.
• Acordo para empezar a pagar A Paga Extraordinaria de Antigüidade de 25 anos na empresa que non é aboada desde o derradeiro acordo en novembro de 2010, sendo Galicia unha das poucas comunidades autónomas do Estado que non paga a PEA, dereito recoñecido por xurisprudencia reiterada.
• Acordo para pagar o complemento por ser coordinador/a do equipo de dinamización lingüística, dereito económico recollido no RD 79/2010 do Plurilingüismo tanto para os traballadores do ensino público como para os traballadores do ensino concertado.
• Acordo de analoxía carga lectiva e salarial.
• Acordo pago delegado para o PAS
A falta de negociación por parte da Administración é algo habitual. Como mostra, sinalar que as organizacións sindicais FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino rexistramos unha solicitude de reunión coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado 19 de xullo e despois de case catro meses non recibimos ningunha resposta.