FSIE 40 años

WhatsApp Image 2019 11 19 at 11.25.27A policía expulsou onte 18 de novembro, por orde da conselleira Carmen Pomar, aos representantes sindicais de FSIE, UGT, CCOO e USO da Consellería de Educación cando pretendiamostrasladarlle á máxima responsable deste departamento a necesidade de manter unha reunión para tratar sobre os problemas que afectan aos docentes do Ensino Concertado. Hai que recordar que os representantes sindicais xa solicitaramos no mes de xullo de 2019 unha reunión, sen resposta ata o de agora, na que a conselleira contestou cunha EXPULSIÓN.
O rcores pasado, tal como informamos nun comunicado de prensa, todos os sindicatos abandonamosa mesa de negociación da Comisión Tripartita de Ensinanza Concertada, porque a Administración se negou a atender as nosas propostas e xa van 9 anos nos que este goberno fai oídos xordos ás merecidas reivindicacións.

As OOSS entendemos que a homologación das condicións de traballo cos compañeiros da educación pública, a paga extraordinaria de antigüidade, a xubilación parcial, o acordo de mantemento de emprego e o pago delegado para o persoal de administración e servizos, entre outras moitas reivindicacns, non se poden dilatar máis no tempo.

Fronte a unha petición de dlogo e negociación a Consellería resposta cunha EXPULSIÓN por parte da Policía.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 69 anónimos e ningún membro en liña