FSIE 40 años

Nota informativa entrevista coa conselleira 09 01 2020Os representantes sindicais de FSIE, UGT, CCOO e USO, foron recibidos pola Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar Tojo. Despois de máis de 6 meses intentando ser recibidos, e mediando unha expulsión policial da Consellería e un peche, o pasado día 9 de xaneiro fomos recibidos, por fin, pola Conselleira de Educación que estivo acompañada polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e pola Subdirectora Xeral de Centros.
A xuntanza permitiunos informar á Conselleira da situación das traballadoras e dos traballadores da ensinanza concertada, dos recortes sufridos desde 2009, das demandas que levamos reclamando desde hai anos: Acordo de Xubilación Parcial, abono da Paga Extraordinaria de Antigüidade, acordo de mantemento de emprego, homologación salarial e das condicións de traballo co ensino público, pago delegado e complemento autonómico para o PAS, pago do complemento por coordinación dos equipos de dinamización lingüística e das substanciais diferenzas coas traballadoras e os traballadores do ensino concertado do resto do estado.

Aínda que a xuntanza transcorreu nun clima de cordialidade e xenerosidade no tempo, a Conselleira e os membros do seu equipo rexeitaron calquera compromiso de negociación sobre asuntos que lle propuxemos nin acordar calendarios de negociación para as datas vindeiras. Limitáronse a manifestar que estudarían as nosas propostas e que procurarían abordar nos próximos meses aquelas que consideraran máis factibles para chegar a hipotéticos acordos.

Polo tanto, estamos ante unha declaración de intencións pero ningunha concreción. A Conselleira recoñeceu que tiñan moi presente que estabamos en ano electoral e que máis pronto que tarde concretarían algo. Ante a nosa petición de que a Comisión Tripartita da Ensinanza Concertada debera ser o foro adecuado para seguir traballando en aras de conseguir acordos, a Conselleira contestou que só seriamos convocados se tiñan algunha proposta concreta que facernos.

Polo tanto, se non hai propostas concretas, nas próximas semanas, a mobilización da ensinanza concertada é o único camiño.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 41 anónimos e ningún membro en liña