FSIE 40 años

Conselleria 23 4 20 6bba24f21d898757ea328f15f7b27495
Onte, 13 de maio de 2020, tivo lugar unha videoconferencia na que participaron a Conselleira de Educación xunto cos Directores Xerais de Educación, de Innovación Educativa e mais de Recursos Humanos, as Confederación galegas de Asociacións de Pais e Nais (CONFAPA, CONGAPA e ANPA) e as Organizacións sindicais do ensino non universitario (FSIE, ANPE, CCOO, CIG, CSIF, FeSP-UGT, FEUSO, STEG e USDG-CUT).

Na súa intervención a Conselleira foi breve pois a súa pretensión era recoller as suxestións dos participantes na mesma, de cara á videoconferencia que terá lugar mañá voves 14 de maio entre as distintas Consellerías do Estado.

Chegado o momento de intervención do noso Secretario Federal, éste manifestou o seguinte:

§  FSIE non estaba para nada de acordo con esas intrucións recollidas na Fase II do Proxecto de desescalada que presentou o Ministerio de Sanidade e que baixo ningún concepto consideramos se deba volver ós centros educativos a partir do día 25 deste mes (nin Infantil de 0 a 6 anos nin no caso de asistencia voluntaria dos cursos de 4º de ESO, 2º de FP nin Bacharelato nin os que quixeran asistir a clases de reforzo) por non darse as circunstancias para un regreso ás aulas cun mínimo de garantías e seguridade. Deberán rexer criterios epidemiolóxicos e sanitarios.

§  FSIE está, así mesmo, en contra da consideración do profesorado para levar a cabo unha conciliación da vida familiar por non ser a súa función nin tampouco atribuírlle un carácter asistencial. Os nenos son considerados vectores na propagación desta enfermidade que estamos a padecer e conseguir que manteñan as distancias sociais vai ser todo un reto.

§  FSIE esixe que non se poña en perigo a comunidade educativa, voltando dun xeito precipitado, cando apenas quedarían 3 semanas para o remate deste curso escolar. E, para máis inri, se hai alumnos que acudirán voluntariamente e outros non o farán: quen atenderá ós que decidan permanecer nas súas casas? Por suposto, imprescindible, o previo coñecemento do número total de alumnos que asistirían ás clases presenciais.

§  É o momento agora, segundo FSIE, de planificar un Plan dixital nestes vindeiros meses de cara ó curso 2020-2021, se as condicións sanitarias o permiten e que a volta ós Centros se leve a cabo da forma máis controlada e segura posible.

§  E, no caso de voltar ás aulas?, porque o Ministerio de Educación non está disposto a rectificar a súa postura de volta ás aulas? FSIE, entón, esixe realización previa dun recoñecemento mediante tests de diagnósticos a traballadores e alumnos, a desinfección dos distintos espazos dos centross de traballo, a dotación de todo tipo de medios de prevención (mascarillas, luvas, termómetros, solucións hidroalcólicas, xabón, toalliñas desbotables,..)

§  FSIE solicita se determine o peche automático do centro, de darse algún caso de contaxio e a inmediata aplicación da preceptiva corentena.

§  FSIE, tamén manifestou que a docencia presencial e a distancia a un tempo non é posible. Considerámolo inviable! E de proceder así, consideramos prexudica a ensinanza de cara a un novo curso, polas desigualdades que se producirían entre alumnos e docentes, FSIE solicita un maior número de traballadores nos centros educativos. A ensinaza a distancia é a única opción para rematar este curso, tan atípico, que os docentes co seu enorme esforzo están sostendo..

§  Esixe FSIE un protocolo claro e conciso para o tratamento e manipulación dos libros de texto devoltos.

§  Pedimos unha Comisión integrada polas distintas organizacións sindicais, asociación de pais e nais así como as patronais para confeccionar un protocolo para a organización das entradas e saídas controladas, e traslación polos diferentes espazos do centro (corredores, baños, aulas, patio,…)

§  FSIE propón tamén a presenza de persoal sanitario para asesoramento e control e reforzo no persoal de limpeza dada a imperiosa necesidade desta para combater o virus.

§  En definitiva, en caso de producirse rebrotes, estarmos preparados para atallalos canto antes e así evitar peores males.

Por último, insistir na solicitude dun Plan de Formación e maior investimento por parte do Estado ó tempo que pedirlle á Consellería de Educación da nosa Comunidade bote man das súas competencias e dea por rematado este curso a distancia.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 61 anónimos e ningún membro en liña