FSIE 40 años

436107d4f9add20bfb0ec959462f9124
  • A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación onde esixiu que o Real Decreto-lei 21/2020 de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facerlle fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, coas alegacións realizadas pola Consellería de Sanidade, sexa o marco de referencia no ensino e que conste así na proposta de acordo de medidas educativas feita polo Ministerio de Educación.

    Galicia sumouse ao acordo (que inclúe cuestións como o mantemento do calendario escolar, a presencialidade nas aulas ou o impulso á dixitalización) e solicitou que as cuestións sanitarias sexan unha prioridade e vaian na liña do establecido polo Real Decreto-lei e as recomendacións da Organización Mundial da Saúde. A este respecto, o Ministerio indicou que o borrador de medidas sanitarias enviado onte ás CCAA non tén carácter definitivo e, ante as demandas de varias comunidades, desvinculouse este documento do acordo educativo.

    Na súa intervención, canto aos grupos de convivencia estable de ata 20 alumnos propostos no borrador de medidas sanitarias, a conselleira apuntou que representarían unha ruptura dos grupos xa establecidos nas aulas. Considera que o mantemento dos grupos actuais, coas medidas de prevención sanitarias previstas, representa maior seguridade socioemocional ao alumnado para afrontar o novo curso despois de varios meses separados dos seus compañeiros habituais. A ministra de Educación, Isabel Celaá, aclarou que esta configuración é só unha proposta que será revisada.

    Ademais, a titular do departamento educativo da Xunta sinalou que esta redución de alumnado por aula precisaría de recursos que non se poderían cubrir cos fondos anunciados polo Ministerio, xa que non se trata só de ampliar profesorado, senón de espazos educativos. Nesta liña, insistiu en que a realización de actividades ao aire libre ou a conversión en aulas de espazos destinados a outros usos non sempre é viable.

    Segundo Pomar, a estimación de costes para esta redución dos grupos superaría a previsión de 120M€ que lle corresponderían a Galicia dos 2.000M anunciados polo Goberno central. Neste sentido, demandoulle á ministra concretar ese importe, cando estará dispoñible, se deben ter un destino específico e en que prazos haberá que executalos, entre outras cuestións. Ante esta demanda, Isabel Celaá remitiu ao Consello de Política Fiscal.

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 110 anónimos e ningún membro en liña