
(…)
5. Medidas relativas a centros docentes.
- O retorno á actividade lectiva presencial dos centros docentes que imparten o ensino do artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, rexerase polas condicións sanitarias vixentes ao comezo do curso escolar 2020/21.
- Serán de obrigado cumprimento as normas sobre desinfección e prevención que determine en cada momento a autoridade sanitaria, tanto nos centros públicos como privados. Para os supostos en que non sexa posible gardar as distancias mínimas interpersoais que se determinen será obrigado o uso de máscara de protección, con excepción do nivel de educación infantil.
- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional elaborará e aprobará, mediante resolución, un protocolo de prevención e organización do regreso á actividade lectiva onde se recollerán as recomendacións sanitarias aprobadas ata o momento. O dito protocolo será supervisado pola consellería con competencias en materia de sanidade.
- Para o sistema universitario galego, as universidades aprobarán un protocolo en que se regulen para toda a actividade académica as medidas de prevención axeitadas para o retorno á actividade lectiva.
Documentos relacionados
Acceder ó resto do DOG (13-06-2020)