Segundo as instrucións publicadas pola Consellería, estas medidas terán carácter individualizado.
A Consellería incorporará profesorado de apoio a través dos contratos-programa e o ARCO.
Poderanse integrar materias en 1º da ESO e realizar agrupamentos específicos de alumnado en 4º curso.
O alumnado galego contará con plans de reforzo e recuperación, elaborados polos equipos docentes, coa finalidade de que recupere as aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso anterior. Así se establece nas instrucións que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar para o desenvolvemento do curso 2020/2021, tendo en conta a situación derivada da pandemia da covid-19. Máis info