FSIE 40 años

WhatsApp Image 2020 11 10 at 22.20.48

Onte, 10 de novembro de 2020, concentráronse diante da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña, representantes galegos dos Traballadores, das Patronais, dos Centros e mias das ANPAS, entidades que integran a Plataforma Más Plurales en protesta pola tramitación da Ley Celaá, na que desaparece o termo "demanda social" o que suporía a planificación unilateral da Administración e a consideración subsidiaria dos centros concertados.

Rodolfo Castro; Secretario Federal de FSIE, como sindicato maioritario na ensinaza concertada e en representación dos traballadores do sector, opina que a aprobación desta lei suporía a perda de postos de traballo porque se irían pechando unidades concertadas pouco a pouco.

Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas, por parte das Patronais, afirma que se está levando a cabo a tramitación desta lei sen ningún tipo de consenso nin diálogo social.

Jesús Martín, director do colexio La Salle Santiago, representando ós centros concertados galegos cre que non é bo que sexa a Administración quen elixa onde levar os menos.

E Ignacio Louro, presidente das ANPAS de colexios concertados da provincia da Coruña, opina que se limita o dereito dos país a elixir o colexio no que queremos que estuden os nosos fillos.

Continuarán as mobilizacións diante dos colexios concertados, todos os mércores deste mes.

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 144 anónimos e ningún membro en liña