FSIE 40 años

fsieinforma 9 dec 20 Página 1

O pasado venres catro de decembro, FSIE e as demais organizacións sindicais e patronais con representación na ensinanza concertada asistimos vía videoconferencia á reunión da Comisión Tripartita da Ensinanza Concertada (CTEPC). Fomos convocados  dous días antes coa mesma orde do día que todos os anos:

Lectura e aprobación da acta da reunión do 13 de novembro de 2019.

Informacións varias.

·Achegas.

Un ano máis, o Presidente da Comisión, o novo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, e a Subdirectora Xeral de Centros, limitáronse a someter a aprobación a acta da reunión anterior e a comunicar unha serie de informacións xa coñecidas por vos a través dos nosos informativos. Volveron a falar da novidade deste ano, a Orde de subvencións a centros concertados por importe de 7.250.000 derivada da pandemia do Covid-19, da que xa vos informamos fai unhas semanas. FSIE, unha vez máis, aproveitou para insistir en que esas subvencións para  pagar  aos profesores  supoñen un agravio  comparativo  cos que están impartindo as mesmas materias en pago delegado. Non pode ser que incluso un profesor que ten unha xornada parcial desde hai anos en pago delegado, cobre menos polas horas que incrementa  froito dunha subvención directa que só   contempla  o salario  base e non o complemento retributivo autonómico. FSIE esixiu outra vez que na Lei de Orzamentos  de Galicia para o ano 2021 se incremeten os módulos de concerto na partida de salarios e cargas sociais do persoal docente para que se cumpra a máxima de igual traballo, igual salario. Non nos valen as escusas de que non houbo tempo e que o novo equipo da Consellería aterrou en setembro.

Un ano máis, FSIE denunciou que esta Comisión Tripartita segue a ser un foro que non serve absolutamente para nada, convertíndose nunha especie de rolda de prensa anual na que a nosa participación limítase a unha intervención por organización na que presentamos unha serie de achegas ou propostas que por desgraza sempre son as mesmas, porque ano tras ano seguimos  secuestrados  por  unha Lei  de Orzamentos  que perpetúa  tamén  no 2021  a conculcación de dereitos  laborais  e salariais.  Xa van dez anos consecutivos  coa mesma redacción do famoso artigo 55 e a disposición adicional décimo segunda que impide calquera tipo de acordo no noso sector. Non coñecemos outro goberno en España que desprece máis ás traballadoras e aos traballadores do ensino concertado. Agora a escusa é o Covid-19, en anos anteriores foi a crise económica, totalmente superada desde fai tempo porque o propio goberno galego presumiu constantemente de ter unha economía saneada. Este goberno do PP é o que presume de apoiar a ensinanza concertada en programas electorais e en diferentes foros pero que despois á hora da verdade non fai absolutamente nada por mellorar as condicións laborais e salariais das traballadoras e dos traballadores do ensino concertado. UNHA COUSA É PREDICAR, OUTRA DAR TRIGO. DESDE FSIE ESIXIMOS EQUIDADE E XUSTIZA, NON PEDIMOS PRIVILEXIOS.

Documentos relacionados

Boletín FSIE informa

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 16 anónimos e ningún membro en liña