FSIE 40 años

CartelA3 Bachillerato 2021 Gallego
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza lanza un ano máis, coincidindo coa apertura do período de matriculación, a súa campaña de escolarización en centros concertados e privados que imparten Bacharelato.

Baixo o lema "Xa decidiches que queres ser", a campaña diríxese directamente a aqueles mozos que nestes momentos titulan cambiando de nivel educativo e deben elixir o tipo de centro en que continuarán os seus estudos.

Con esta iniciativa, o sindicato reforza o seu compromiso coa defensa da liberdade de elección como principio fundamental para garantir un sistema educativo plural e de calidade que permita ás familias e ao alumnado optar por unha formación acorde cos seus principios e valores.
FSIE quere ademais transmitir á sociedade no seu conxunto unha mensaxe de recoñecemento ao labor que desempeñan os profesionais destes centros, altamente cualificados e comprometidos co desenvolvemento das competencias, tanto académicas como persoais, do seu alumnado.

Como sindicato maioritario en representación do colectivo de profesionais de enseñanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, FSIE quere ademais agradecer o enorme esforzo realizado polo persoal dos centros nun ano especialmente difícil e infestado de incerteza e reforzar o seu compromiso para seguir traballando pola mellora das súas condicións laborais.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 130 anónimos e ningún membro en liña