DATAS PARA NON ESQUECER.-
31 de maio (en horario de secretaría do Centro): Remata o prazo para presentar as solicitudes.
8 de xuño: Antes desta data daranse a coñecer a concesión ou denegación das becas.
13 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación ás Resolucións, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión en:
COMISIÓN MIXTA DE PRAZAS ESCOLARES GRATUÍTAS
r/ Santa Clara, 23 (locais de EDUCACIÓN E XESTIÓN)
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981.58.25.27, Fax: 981.58.10.73
Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
BENEFICIARIOS/AS.- Calquera traballador/a, docente ou non docente, dun Centro educativo concertado que teña algún fillo/a escolarizado/a no seu Centro ou noutro Centro concertado. (Cumprimentar unha solicitude por cada fillo/a)
REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.
CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 79 do V Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.
CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión mixta provincial de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.
A TER EN CONTA.-
No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco en calquera dos teléfonos ou no correo-e, da FSIE-GALICIA na Coruña, que aparecen no web.
IMPORTANTE!
Se queres solicitar a gratuidade para o teu fillo/a e non dispós do modelo de solicitude, podes pedírnolo e tamén, de ser o caso, poderemos orientarte para que teñas claro como cubrila, así como despreocuparte, deixando que nós a entreguemos por ti á Comisión.