A folga xeral do 9 de maio no ensino foi convocada pola Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público (integrada polos sindicatos FECCOO, STES, FETE-UGT e CGT, a Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa), o Sindicato de Estudantes e os Movementos de Renovación Pedagóxica) e apoiada por PSOE e EU. Os sindicatos da pública ANPE e CSIF non a apoian.

A nivel Galicia, convoca tamén a CIG e apoian diferentes partidos políticos.

FSIE opúxose aos recortes de todos os gobernos especialmente en educación e realizamos as accións oportunas en defensa dos intereses dos traballadores e do sector e seguirémolo facendo. Os convocantes chegaron a afirmar que os recortes en educación prexudicaron ao ensino público en beneficio do ensino concertado e privado.

A LOMCE iniciará en breve o seu trámite parlamentario e presentaremos aos grupos políticos as emendas que vimos defendendo confiando en que poidan ser incorporadas ao texto definitivo da Lei.

FSIE criticou o proceso seguido ata o momento polo Ministerio de Educación e, en canto ao contido da Lei, presentou numerosas emendas que foron apoiadas polo Consello Escolar do Estado e que poden mellorar substancialmente a norma se son aceptadas.

Nos próximos meses esgotaremos calquera posibilidade de diálogo e negociación. Os datos de fracaso e abandono escolar esixen un cambio no sistema e FSIE achegará todo o seu esforzo para que ese cambio sexa o mellor posible entendendo que o actual Proxecto da LOMCE debe modificarse.

Sorpréndenos que se incorporou á folga ao sector do ensino concertado utilizando a situación actual do convenio colectivo.

FSIE, USO e UGT, iniciamos un procedemento de medicación no SIMA o que permitiu chegar a un principio de acordo que desbloqueou a negociación. Están a terse reunións para desenvolver eses acordos e estase negociando.

FSIE por tanto seguirá negociando e dialogando. No Parlamento a futura Lei de Educación e na mesa de negociación coas patronais o VI Convenio Colectivo de Ensino Concertado.