FSIE 40 años

DATAS PARA NON ESQUECER.-

23 de maio: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

7 de xuño: Expoñeranse as Resolucións nos taboleiros dos distintos Centros.

13 de xuño: Último día para a presentación de calquera reclamación ás Resolucións, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión en:

COMISIÓN MIXTA DE GRATUIDADE

Pza. Don Bosco, 1 (Colexio Mª AUXILIADORA - SALESIANOS)

32003 OURENSE

BENEFICIARIOS/AS.- Calquera traballador/a, docente ou non docente, dun Centro educativo concertado que teña algún fillo/a escolarizado/a no seu Centro ou noutro Centro concertado. (Cumprimentar unha solicitude por cada fillo/a)

REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.

CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 79 do V Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión mixta provincial de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.

 

A TER EN CONTA.-

No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco en calquera dos teléfonos ou no correo-e, da FSIE-GALICIA en Ourense, que aparecen no web.

 

IMPORTANTE!

Se queres solicitar a gratuidade para o teu fillo/a e non dispós do modelo de solicitude, podes pedírnolo e, tamén de ser o caso, poderemos orientarte para que teñas claro como cubrila, así como despreocuparte, deixando que nós a entreguemos por ti á Comisión.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 200 anónimos e ningún membro en liña