FSIE 40 años

IMG 4004 CopiarÓ longo dos días 12, 13 e 14 do mes de febreiro de 2014 o Secretario Xeral, Jesús Pueyo, acompañounos coa súa presenza.

Durante estes días en Galicia e acompañado polo Secretario Federal de FSIE-GALICIA, Armindo, para amosarlle a realidade máis cercana ós traballadores e traballadoras do sector realizaron distintos desprazamentos por centros da nosa Comunidade e así, poder comprobar mediante a experiencia o complicado que pode chegar a ser levar a cabo o labor sindical motivado isto pola grande dispersión poboacional que na nosa Comunidade existe.

Así mesmo, o venres 14 participou, activamente, na reunión do Consello Federal que FSIE-GALICIA celebrou en Santiago. Na mesma, informou sobre a situación actual en que se atopa a LOMCE e a súa implantación.

Tamén, da repercusión da reforma laboral que conleva o considerar as melloras sociais como retribución en especie. Así mesmo, fixo fincapé na falta absoluta de diálogo que existe co Ministerio de Educación acerca do Estatuto do Docente e outras reivindicacións de FSIE.

Por último, tivo a ben agradecer o extraordinario labor e compromiso que os delegados e afiliados de FSIE-GALICIA veñen desenvolvendo o cal se vén reflectindo nos moi bos resultados electorais acadados ata agora, así como para levar adiante o proxecto de FSIE.

 Banner Decalogo2

Temos 306 anónimos e ningún membro en liña