FSIE 40 años

leyFUNDOC galA finais do ano 2012 realizamos unha rápida campaña denunciando que o Anteproxecto da LOMCE prevía unha lei do estatuto da función pública docente cuxo obxectivo principal era a dignificación da profesión regulando aspectos tan fundamentais como a formación, a carreira profesional, os dereitos e deberes dos docentes, a autoridade do profesorado,.... E todo iso exclusivamente para os funcionarios docentes discriminando ós docentes do ensino privado.



Co voso esforzo e colaboración, entregamos máis de 30.000 FIRMAS ó Ministerio de Educación para que modificase o texto e ENTRE TODOS CONSEGUÍMOLO. Desapareceu a palabra "pública".

A vixente LOMCE establece:

"Ademais, esta Lei adquirirá pleno sentido co desenvolvemento dunha futura lei sobre a función docente"

leyFUNDOC002No entanto, o MECD e os sindicatos do ensino público han mantido reunións sobre o "Estatuto Docente dos funcionarios" nas que, ademais de falar sobre as condicións laborais dos funcionarios, discútense aspectos xerais da profesión que afectan a todos os docentes. O MECD non quixo conversar sobre estas cuestións cos representantes lexítimos do ensino privado.

Preténdese que haxa uns profesionais máis dignos e recoñecidos que outros?

A Lei da Función Docente debe regular a profesión, dignificala e potenciar o recoñecemento social da mesma contemplando a todos os profesionais xa estean a traballar nun centro público, privado ou concertado.

Coa nosa protesta conseguimos cambiar o texto na LOMCE e agora debemos esixir que deixen de excluírnos das conversacións e negociacións de aspectos que afectan á profesión docente.

leyFUNDOC003Por todo iso, volvemos pedir o teu esforzo e lanzamos unha nova campaña nacional, "Por unha Lei da Función Docente para todos".

Imos dirixirnos directamente ó Presidente do Goberno e pedímosche que asines o escrito e estendas esta reivindicación ó máximo número de persoas da túa contorna, non só ós compañeiros de profesión, para que asinen tamén a carta que atoparás na nosa páxina web (www.fsie.es).

Conseguimos cambiar o texto da Lei e imos seguir traballando por unha Lei da Función Docente na que esteamos todos. Nós tamén somos docentes.

Grazas pola túa colaboración, estamos a defender a nosa profesión e a nosa dignidade. Non te quedes á marxe.

 

 Banner Decalogo2

Temos 25 anónimos e ningún membro en liña