FSIE 40 años

5oc DMDocente galO Día Mundial dos Docentes, celébrase anualmente o 5 de outubro desde 1994, conmemorando o aniversario da subscrición da Recomendación da UNESCO e a OIT relativa á Situación do Persoal Docente en 1966.

FSIE felicita neste día a todos os docentes polo seu enorme labor e contribución social co desexo de que vexamos melloradas as nosas expectativas profesionais e sexamos xustamente recoñecidos e valorados.



As celebracións da ONU teñen como obxectivo contribuír, en todo o mundo, ao cumprimento dos obxectivos da Carta das Nacións Unidas e sensibilizar ao público acerca de temas políticos, sociais, culturais, humanitarios, ou relacionados cos dereitos do home.

O Día Mundial dos Docentes é a ocasión de render homenaxe aos docentes e ao papel esencial que desempeñan para unha educación de calidade a todos os niveis. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, afirma que ?os docentes constitúen un investimento no futuro dos países. É imposible prever o que os nenos de hoxe terán que afrontar durante a súa vida adulta, de modo que os docentes de agora e de mañá necesitan as competencias, os coñecementos e o apoio que lles permitan satisfacer as distintas necesidades de aprendizaxe de cada nena e neno de hoxe?.

FSIE fai súa a recomendación da UNESCO ?para reforzar a eficacia do labor pedagóxico?:

- condicións de emprego favorables, o que inclúe contratos e salarios adecuados e perspectivas de carreira e promoción profesional.

- boas condicións laborais baseadas na creación dun contexto escolar propicio ao ensino.

- capacitación previa e durante o exercicio do maxisterio, baseada no respecto dos dereitos humanos e os principios da educación integradora.

- xestión eficaz que abarque a contratación e asimilación xeográfica do persoal docente.?

Ademais este ano celebraremos o vixésimo aniversario da instauración do Día Mundial dos Docentes.

Ver documento relacionado (Boletín digital FSIE nº 59)

 Banner Decalogo2

Temos 30 anónimos e ningún membro en liña