FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

CELGA 1, 2, 3 E 4 (MODALIDADE PRESENCIAL E TELEFORMACIÓN)

DOG perspectRESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

MOI IMPORTANTE!

5. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

NULA SENSIBILIDADE DA CONSELLERÍA COA ENSINANZA CONCERTADA. MÁIS DO MESMO!

IMG 20171205 WA0000 ret1

A reunión co Conselleiro, tempo perdido!

O Conselleiro segue a discriminar ós traballadores da ensinanza concertada non estimando as demandas presentadas polos representantes dos traballadores (FSIE, FeSP-UGT, CCOO, FEUSO e CIG), na reunión tida hoxe con el.

Segue a manter na Lei de Orzamentos para o ano 2018 o art. 53.2 que elimina toda posibilidade de negociación sobre temas pendentes que conculcan dereitos dos traballadores. Isto supón non respectar a Constitución Española no seu art. 37 onde se garante a negociación colectiva.

Do mesmo xeito, ó manter a Disposición adicional 9ª evidénciase a inseguridade xurídica á que estamos sometidos porque a Consellería non asume facer efectivo o Acordo plurianual 2008-2010, publicado no BOE e mais no DOG do 30 de maio de 2008.



 

OS REPRESENTANTES SINDICAIS DO ENSINO CONCERTADO PRESENTÁMONOS HOXE NA CONSELLERÍA PARA ESIXIR SER RECIBIDOS POLO CONSELLEIRO E CONSEGUÍMOLO!

WhatsApp Image 2017 11 29 at 12.22.44

Os representantes sindicais de FSIE, FeSP-UGT, CCOO ensino, FEUSO e CIG ensino presentámonos hoxe na Consellería para esixir unha reunión co conselleiro sobre o ensino privado concertado

• Os sindicatos presentamos a comezos de xuño unha proposta de Acordo de Mantemento de Emprego e seguíamos sen resposta.
• A comezos de outubro solicitamos unha reunión co Conselleiro e novamente o silencio foi a resposta.

FSIE ASISTE Á INAUGURACIÓN DO XIV CONGRESO DE ESCUELAS CATÓLICAS

Captura de pantalla 2017 11 16 a las 12.35.16Javier Hernández Varas, Presidente e Francisco Javier Muñoyerro García, Secretario Xeral, representando a FSIE xunto con Rodolfo Castro Fernández, Secretario Federal de FSIE-GALICIA e mais Jesús Llavona Uribelarrea por FSIE Asturias, asistiron este 16 de novembro, ao acto inaugural do XIV Congreso de Escuelas Católicas que se celebra en Oviedo e que congregará ata o día 18 a un total de 1.600 asistentes, entre directores, profesores, titulares de centros e outras personalidades.

Baixo o lema "Emociona", Escuelas Católicas preparou un encontro no que a comunicación é o fío condutor e que incidirá sobre a necesidade de comunicar na contorna educativa e a importancia deste feito dentro dos centros.

FSIE-GALICIA MANTÉN SENLLAS REUNIÓNS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS DE EN MAREA, DO PARTIDO POPULAR E MAIS DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

GrupParlam En Marea 14 11 17O Secretario Federal de FSIE-GALICIA, Rodolfo Castro Fernández e o seu Presidente, Armindo Francisco Mera, continuando coa rolda de contactos cos Grupos Parlamentarios da Cámara galega reuníronse hoxe, primeiramente con representantes de En Marea, logo do Partido Popular para rematar esta rolda cos do Bloque Nacionalista Galego. Nas mesmas estiveron representadas as organizacións sindicais con representación na Ensinaza Concertada.

FSIE-GALICIA INICIA UNHA ROLDA DE CONTACTOS COS GRUPOS PARLAMENTARIOS EN DEFENSA DOS INTERESES DOS TRABALLADORES DA ENSINANZA CONCERTADA

WhatsApp Image 2017 11 13 at 14.58.04FSIE-GALICIA representada por Rodolfo Castro Fernández (primeiro pola esda., na imaxe) e mais Armindo Francisco Mera (segundo pola esda., na imaxe) en calidade de Secretario Federal e Presidente, respectivamente, mantiveron esta mañá no Parlamento de Galicia unha reunión co Grupo Parlamentario Socialista na que tamén estiveron representadas as restantes organizacións sindicais con representación na Ensinanza Concertada, agás CCOO, para expoñerlle as reivindicacións que se veñen sucedendo ó longo de varios anos ó tempo que solicitarlle as defendan na Cámara do Parlamento galego, como son:

 Banner Decalogo2

Temos 191 anónimos e ningún membro en liña