FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

FSIE LANZA A SÚA CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN A FAVOR DA ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

PARA WEB CARTEL A3 INFANTIL GFSIE volve lanzar a súa campaña a favor da escolarización en centros privados de Educación Infantil co obxectivo de apoiar aos profesionais e aos centros comprometidos co desenvolvemento temperán dos máis pequenos.

Baixo a lema "Ven o mundo con outros ollos, só necesitan un mundo á súa medida", FSIE quere destacar o gran labor que desempeñan os traballadores deste tipo de centro e agradecerlles tamén a súa implicación na tarefa de educar á poboación escolar de 0 a 3 anos.

 

 


Documentos relacionados
Cartel campaña de escolarización en centros de E.Infantil 2017 - material para imprimir

 

 

 

FSIE VOLVE APOIAR A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS PRIVADOS E CONCERTADOS CUNHA CAMPAÑA QUE DEFENDE A LIBRE ELECCIÓN DAS FAMILIAS

PARA WEB cartel a3 concertados2017FSIE, como organización sindical maioritaria no ámbito da educación concertada e privada, puxo en marcha, como vén facendo nos últimos anos, a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados, aproveitando a apertura do período de matriculacións para o próximo curso 2017-2018.

Baixo a lema "Para que voen moi alto... ti decides a ruta. A súa educación é a túa elección", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a elixir a formación e educación que consideren máis adecuada para os seus fillos, tal e como se recolle no artigo 27 da Constitución, podendo apostar por centros concertados ou privados.

VANTAXES ESPECIAIS NA UNIVERSIDADE ISABEL I, POR SER DE FSIE-GALICIA

logo univ isabel1FSIE-GALICIA alcanzou un acordo de colaboración coa Universidade Isabel I, unha institución que imparte unha ampla oferta de graos, diferenciándose polo seu estilo propio e pola súa natureza on-line e semipresencial. Grazas a este convenio, por ser de FSIE-GALICIA (tamén se o es de calquera FSIE provincial a nivel estatal), ti e os teus familiares ata o primeiro grao poderedes acceder aos seus programas en condicións vantaxosas.

FSIE APOIA CUNHA CAMPAÑA A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

CARTEL A3 FP GALEGOEn pleno proceso de escolarización en centros de Formación Profesional (FP), FSIE lanza a súa campaña a favor de elección de centros concertados que imparten este nivel formativo, co obxectivo de apoiar a liberdade das familias de elixir a educación que consideren máis acertada para os seus fillos. 

 

Baixo o lema "Hai moitas razóns, pero esta é a máis importante. Vaicho a agradecer.", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a decidir sobre o ensino que recibirán os seus fillos, podendo apostar neste caso por centros concertados.

 

FSIE considera necesario lembrar, agora que se abre o período de matriculación nas Comunidades Autónomas, que a educación concertada e privada é unha opción de futuro a ter en conta, e postúlase como o único sindicato que fai unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado polo artigo 27 da nosa Constitución. 

 

Ademais, FSIE quere destacar o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

CONSTITUÍDA EN VIGO A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE PONTEVEDRA PARA O CURSO ESCOLAR 2016-2017

DATAS PARA NON ESQUECER.-

27 de maio: Remata o prazo para entregar as solicitudes en horario da Secretaría do Centro para o que solicita praza.

16 de xuño: Data límite para a exposición das listas provisionais nos taboleiros dos distintos Centros.

22 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións (Por correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por fax ó 881.819.843)

23 de xuño: Data límite para as resolucións ás reclamacións.

A TER EN CONTA.-

Lembrade que, para os que tedes os fillos no propio centro, será na túa Secretaría onde se entreguen as solicitudes.

Para os que solicitedes para outros centros distintos ao voso DEBEREDES ENTREGALAS NA SECRETARÍA DO CENTRO PARA O QUE SE SOLICITE A PRAZA xuntando toda a documentación que se pide.

Podes descargar o modelo de solicitude clicando aquí

Estamos á vosa disposición para calquera aclaración que precisedes!

FSIE PONTEVEDRA

Marqués de Valladares, 12 (galerías) oficina 18

36201 VIGO

678 899 414 - 886 125 828

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

CONSTITUÍDA A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE A CORUÑA PARA O CURSO 2016-2017

O día 9 de maio de 2015, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de A Coruña.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

31 de maio: Remata o prazo para presentar as solicitudes.

10 de xuño: Último día para dar a coñecer a concesión ou denegación das becas.

23 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión.

29 de xuño: Último día para a comunicación da Resolución ás reclamacións formuladas.

Sede da COMISIÓN MIXTA DE BECAS DA PROVINCIA DE A CORUÑA

r/ Santa Clara, 23 (Federación EDUCACIÓN E XESTIÓN)

15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

Tno.: 981582527;  Fax: 981581073.  Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


DOCUMENTOS RELACIONADOS

Procedemento/Prazos/Criterios

Modelo Solicitude 

 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 365 anónimos e ningún membro en liña