FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

CONSTITUÍDA A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE A CORUÑA PARA O CURSO 2017-2018

O día 16 de maio de 2017, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de A Coruña.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

2 de xuño: Remata o prazo para presentar as solicitudes.

14 de xuño: Último día para dar a coñecer a concesión ou denegación das becas.

23 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera Reclamación, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión.

29 de xuño: Último día para a comunicación da Resolución ás Reclamacións formuladas.

CONSTITUÍDA EN OURENSE COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE OURENSE PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018

DATAS PARA NON ESQUECER.-

25 de maio: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

8 de xuño: Daranse a coñecer as resolucións ós traballadores..

15 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

16 de xuño: Resolución da Comisión Mixta ás reclamacións.

COMISIÓN MIXTA DE GRATUIDADE

Pza. Don Bosco, 1 (Colexio Salesianos Mª Auxiliadora)

32003 OURENSE

FSIE LANZA A SÚA CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN A FAVOR DA ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

PARA WEB CARTEL A3 INFANTIL GFSIE volve lanzar a súa campaña a favor da escolarización en centros privados de Educación Infantil co obxectivo de apoiar aos profesionais e aos centros comprometidos co desenvolvemento temperán dos máis pequenos.

Baixo a lema "Ven o mundo con outros ollos, só necesitan un mundo á súa medida", FSIE quere destacar o gran labor que desempeñan os traballadores deste tipo de centro e agradecerlles tamén a súa implicación na tarefa de educar á poboación escolar de 0 a 3 anos.

 

 


Documentos relacionados
Cartel campaña de escolarización en centros de E.Infantil 2017 - material para imprimir

 

 

 

FSIE VOLVE APOIAR A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS PRIVADOS E CONCERTADOS CUNHA CAMPAÑA QUE DEFENDE A LIBRE ELECCIÓN DAS FAMILIAS

PARA WEB cartel a3 concertados2017FSIE, como organización sindical maioritaria no ámbito da educación concertada e privada, puxo en marcha, como vén facendo nos últimos anos, a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados, aproveitando a apertura do período de matriculacións para o próximo curso 2017-2018.

Baixo a lema "Para que voen moi alto... ti decides a ruta. A súa educación é a túa elección", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a elixir a formación e educación que consideren máis adecuada para os seus fillos, tal e como se recolle no artigo 27 da Constitución, podendo apostar por centros concertados ou privados.

VANTAXES ESPECIAIS NA UNIVERSIDADE ISABEL I, POR SER DE FSIE-GALICIA

logo univ isabel1FSIE-GALICIA alcanzou un acordo de colaboración coa Universidade Isabel I, unha institución que imparte unha ampla oferta de graos, diferenciándose polo seu estilo propio e pola súa natureza on-line e semipresencial. Grazas a este convenio, por ser de FSIE-GALICIA (tamén se o es de calquera FSIE provincial a nivel estatal), ti e os teus familiares ata o primeiro grao poderedes acceder aos seus programas en condicións vantaxosas.

FSIE APOIA CUNHA CAMPAÑA A ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

CARTEL A3 FP GALEGOEn pleno proceso de escolarización en centros de Formación Profesional (FP), FSIE lanza a súa campaña a favor de elección de centros concertados que imparten este nivel formativo, co obxectivo de apoiar a liberdade das familias de elixir a educación que consideren máis acertada para os seus fillos. 

 

Baixo o lema "Hai moitas razóns, pero esta é a máis importante. Vaicho a agradecer.", FSIE quere manifestar o seu respaldo ao dereito dos pais a decidir sobre o ensino que recibirán os seus fillos, podendo apostar neste caso por centros concertados.

 

FSIE considera necesario lembrar, agora que se abre o período de matriculación nas Comunidades Autónomas, que a educación concertada e privada é unha opción de futuro a ter en conta, e postúlase como o único sindicato que fai unha aposta clara e decidida pola libre elección, un dereito amparado polo artigo 27 da nosa Constitución. 

 

Ademais, FSIE quere destacar o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados e formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida.

 Banner Decalogo2

Temos 100 anónimos e ningún membro en liña