FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

POR UNHA LEI DA FUNCIÓN DOCENTE PARA TODOS

leyFUNDOC galA finais do ano 2012 realizamos unha rápida campaña denunciando que o Anteproxecto da LOMCE prevía unha lei do estatuto da función pública docente cuxo obxectivo principal era a dignificación da profesión regulando aspectos tan fundamentais como a formación, a carreira profesional, os dereitos e deberes dos docentes, a autoridade do profesorado,.... E todo iso exclusivamente para os funcionarios docentes discriminando ós docentes do ensino privado.

FSIE PROMOVE UN ESTUDO PARA IDENTIFICAR E COMBATER O ESTRÉS NOS TRABALLADORES DO ENSINO

prl estres imcorpFSIE promove un estudo da Tensión no sector Educativo que, a través de varias ferramentas online, permitirá ós profesionais do sector do ensino coñecer o nivel de tensión que sofren así como se sofren a síndrome do Burnout (síndrome do queimado).
 
En España a tensión é o segundo problema de saúde dos traballadores, por detrás dos problemas muscoesqueléticos. Por iso FSIE, xunto co resto de organizacións que promoven este estudo, pretendemos coñecer os niveis de tensións que sofren os profesionais así como facilitar ferramentas efectivas para identificar, previr e xestionar os problemas da tensión relacionada co traballo.
 
Para iso desenvolvemos tres formularios ONLINE que se cumprimentan de forma anónima. Todos os profesionais que utilicen estes formularios participarán neste estudo a nivel nacional.
 
Os tres formularios son:
BURNOUT: Este test trata de detectar posibles síntomas que indiquen que o traballador está a ser afectado pola "síndrome do queimado".
RISCOS PSICOSOCIAIS: Con este test, poderá valorar as condicións laborais relacionadas coa organización do traballo, o seu contido e a realización das tarefas.
SAÚDE TOTAL: Test baseado na autopercepción do individuo sobre os seus pensamentos, sentimentos e comportamentos.
 
Desde FSIE animámosvos a participar neste estudo cumprimentando os diferentes tipos de formularios online e facendo difusión delas entre todos os compañeiros dos nosos centros.
 
Os formularios poderédelos atopar na dirección: www.testprl.org

DESCONVOCAMOS, con carácter definitivo as mobilizacións previstas

comunicado desconvocatoria DEFINITIVA 210514Hoxe pola mañá entre as 9:30 e as 10:15 horas tivo lugar na Consellería de Educación unha reunión das organizacións sindicais ( FSIE, UGT, CCOO, USO E CIG) co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal e mais a Subdirectora Xeral de Centros, Susana Castro.

CONSTITUÍDA EN SANTIAGO A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO 2014-2015

Este dereito está regulado no VI Convenio, no artigo 81 e no Anexo IV.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

30 de maio: Remata o prazo para presentar as solicitudes.
16 de xuño: Último día para dar a coñecer a concesión ou denegación das becas.
30 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión.

14 de xullo: Comunicación da Resolución ás reclamacións formuladas.

Sede da COMISIÓN MIXTA DE BECAS
r/ Santa Clara, 23 (locais de EDUCACIÓN E XESTIÓN)
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981.58.25.27,  Fax: 981.58.10.73
Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

DOCUMENTOS RELACIONADOS

POLO MANTEMENTO DE EMPREGO, NON Á SUPRESIÓN DE UNIDADES CONCERTADAS

Reunidas no día de hoxe (12-5-2014) en Santiago na sede da CECE, as organizacións empresariais CECE, ESCOLAS CATÓLICAS, ACES e as organizacións sindicais FSIE, UGT, USO E CCOO, dando continuidade á reunión do pasado mércores, acordaron o seguinte:

  1. Convocatoria dunha rolda de prensa conxunta o día 21 de maio, sobre a supresión de unidades concertadas e mantemento de emprego.
  2. Rexistro, en San Caetano, dun escrito aínda por elaborar.
  3. Organización dunha mobilización/concentración diante da Consellería o venres 23 de maio.
  4. Promoción dunha campaña de recollida de sinaturas polos centros.

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 38 anónimos e ningún membro en liña