FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

O SECRETARIO FEDERAL DE FSIE GALICIA DEFENDE A ESCOLARIZACIÓN EN COLEXIOS PRIVADOS E CONCERTADOS

RodolfoSecretFedO Secretario Federal da FSIE GALICIA, Rodolfo Castro Fernández, falou na COPE sobre a Campaña 2016 en favor da Escolarización en Colexios Privados e Concertados", baixo o lema "Eles elixen o seu soño. Ti, o camiño para que o logren. A súa educación é a túa elección"

O Secretario da FSIE GALICIA manifestou, por unha banda, o respaldo ao dereito dos pais a decidir sobre a ensinanza que recibirán os seus fillos, apostando por centros concertados e privados. E, por outra banda, destacou o labor que nestes centros levan a cabo profesionais cualificados, formados, implicados e comprometidos para ofrecer unha educación integral e de calidade, valorada e recoñecida pola sociedade.

FSIE-GALICIA CELEBROU EN SANTIAGO O SEU CONSELLO FEDERAL

Diaposit Cons Fed 2016FSIE-GALICIA vén de celebrar en Santiago de Compostela, o día 3 de marzo de 2016, a reunión anual do seu Consello Federal, órgano colexiado supremo no que participan os membros do Secretariado Federal, os Delegados de cada unha das entidades autónomas que constitúen a FSIE-GALICIA en representación dos afiliados e un representante do Persoal de administración e servizos.

FSIE NA PRESENTACIÓN DA EDICIÓN 2016 DA D3MOBILE

Presnt D3mobile2016O pasado 2 de febreiro, martes, no transcurso dun acto desenvolvido na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da Universidad de Santiago de Compostela (USC) tivo lugar a presentación da "D3Mobile Metrology World League 2016", unha iniciativa de fomento da cultura científica e da innovación promovida pola USC e avalada un ano máis pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Un torneo mundial de modelado 3D con móbil apoiado por Paul Gasol, campión mundial de baloncesto e dúas veces gañador da NBA Pau Gasol, quen cedeu como agasallo emblemático para o gañador unha zapatilla asinada.

APOIA A CAMPAÑA "RECUPEREMOS O QUE NOS QUITARON"

recuperermosquitado fondo mansA Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza (FSIE), a Federación de Ensino de UGT (FETE-UGT), A Federación de Ensino de CCOO (FE-CCOO), a Federación de Ensino de USO (feUSO) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), organizacións sindicais máis representativas do ensino concertado en Galicia queren facer visible a situación na que se atopa este sector ó tempo que poñen en marcha esta campaña de recollida de sinaturas en recuperemosoquenosquitaron.es  para esixir ó Goberno galego:

1.    A devolución da parte do noso salario recortado e a RESTAURACIÓN do salario que percibiamos en 2010.

2.    Un novo Acordo de Mantemento de Emprego.

3.    Un Acordo para o aboamento da paga de antigüidade na empresa.

CULTURA E EDUCACIÓN CONVOCA AS AXUDAS DIRIXIDAS A TITULADOS UNIVERSITARIOS DESEMPREGADOS PARA CURSAR MÁSTERES OFICIAIS NO SUG

  • DOG perspectA Consellería habilita unha partida de 200.000 euros para estas bolsas.
  • Os interesados dispoñen dun mes de prazo para formalizar a solicitude.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para cursar másteres oficiais no curso 2015-2016, dotada con 200.000 euros.

 Banner Decalogo2

Temos 41 anónimos e ningún membro en liña