FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

LISTADO PROVISIONAL DE PRAZAS DE GRATUIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (CURSO 2012-2013)

Faise público o LISTADO PROVISIONAL de prazas de gratuidade en centro distinto ó do traballo, de acordo co Anexo IV do V Convenio Colectivo de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

Ver LISTADO por Centro

Ver LISTADO por orde de expediente

 

A TER EN CONTA:

Poderase recurrir ante a Comisión, enviando unha reclamación ó seguinte correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes das 14:00 horas, do improrrogable prazo, do xoves 14 de xuño de 2012.

 

COMISIÓN MIXTA DE

BECAS DA ENSINANZA

PRIVADA DE PONTEVEDRA

 

HABILITACIÓNS: PUBLICADA A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE XANEIRO 2012

Hoxe, 16 de maio de 2012, foI publicada pola COMISIÓN AUTONÓMICA DE HABILITACIÓNS DE GALICIA a Resolución da convocatoria de xaneiro de 2012.

No caso de ter sido desfavorable a resolución á/s túa/s solicitude/s e teres intención de presentar "recurso de alzada" non deixes de contactar connosco en calquera dos teléfonos ou correos-e que obterás clicando aquí.

Para acceder á mesma clica neste enlace que che facilitamos.

CONSTITUÍDA EN SANTIAGO A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO 2012-2013

DATAS PARA NON ESQUECER.-

31 de maio (en horario de secretaría do Centro): Remata o prazo para presentar as solicitudes.

8 de xuño: Antes desta data daranse a coñecer a concesión ou denegación das becas.

13 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación ás Resolucións, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión en:

COMISIÓN MIXTA DE PRAZAS ESCOLARES GRATUÍTAS

r/ Santa Clara, 23 (locais de EDUCACIÓN E XESTIÓN)

15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981.58.25.27,  Fax: 981.58.10.73

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

CONSTITUÍDA EN OURENSE COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE PARA O CURSO ESCOLAR 2012-2013

DATAS PARA NON ESQUECER.-

24 de maio: Remata o prazo para presentar as solicitudes.

8 de xuño: Expoñeranse as Resolucións nos taboleiros dos distintos Centros.

15 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación ás Resolucións, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión en:

COMISIÓN MIXTA DE GRATUIDADE

Pza. Don Bosco, 1 (Colexio Mª AUXILIADORA - SALESIANOS)

32003 OURENSE

AMPLIADO O PRAZO DE FEBREIRO PARA A SOLICITUDE DAS HABILITACIÓNS

A COMISIÓN AUTONÓMICA DE HABILITACIÓNS DE GALICIA decidiu prorrogar o prazo correspondente á convocatoria extraordinaria do mes de febreiro 2012 para a solicitude de habilitacións, polo que a aplicación informática estará dispoñible ata as 12 da noite do venres 9 de marzo.

Asimesmo informa que a aplicación informática para a solicitude na convocatoria de marzo 2012 estará dispoñible do día 12 ao 31 de marzo.

Temos 82 anónimos e ningún membro en liña