FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

CONSTITUÍDA EN SANTIAGO A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DA CORUÑA PARA O CURSO 2013-2014

DATAS PARA NON ESQUECER.-

30 de maio: Remata o prazo para presentar as solicitudes.

7 de xuño: Último día para dar a coñecer a concesión ou denegación das becas.

14 de xuño: Será o último día para a presentación de calquera reclamación ás Resolucións, que haberán de remitirse, por escrito, á sede da Comisión en:

COMISIÓN MIXTA DE BECAS

r/ Santa Clara, 23 (locais de EDUCACIÓN E XESTIÓN)

15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Teléfono: 981.58.25.27,  Fax: 981.58.10.73

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

25 de xuño: Comunicación da Resolución ás reclamacións formuladas.

Este dereito está regulado no noso convenio, no artigo 79 e no Anexo IV: http://www.fsiegalicia.es/archivos/files/V_Convenio_concert.pdf

 
DOCUMENTOS RELACIONADOS.-

FSIE NON CONVOCA FOLGA O DÍA 9 DE MAIO NO ENSINO CONCERTADO E PRIVADO

A folga xeral do 9 de maio no ensino foi convocada pola Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público (integrada polos sindicatos FECCOO, STES, FETE-UGT e CGT, a Confederación Española de Pais e Nais de Alumnos (Ceapa), o Sindicato de Estudantes e os Movementos de Renovación Pedagóxica) e apoiada por PSOE e EU. Os sindicatos da pública ANPE e CSIF non a apoian.

A nivel Galicia, convoca tamén a CIG e apoian diferentes partidos políticos.

FSIE opúxose aos recortes de todos os gobernos especialmente en educación e realizamos as accións oportunas en defensa dos intereses dos traballadores e do sector e seguirémolo facendo. Os convocantes chegaron a afirmar que os recortes en educación prexudicaron ao ensino público en beneficio do ensino concertado e privado.

FSIE FAI ENTREGA, NO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, DAS SÚAS APORTACIÓNS Ó R.D. DE TITULACIÓNS DOS MESTRES DE INFANTIL E PRIMARIA NOS CENTROS PRIVADOS

O mércores 3 de outubro, o Ministerio de Educación convocou ás organizacións sindicais a unha reunión para traballar sobre o "Proxecto de Real Decreto por el que se regulan las condiciones de cualificación y formación que deben poseer los maestros de los centros privados de Educación Infantil y de Educación Primaria".

Este Proxecto de Real Decreto xa fora informado pola Permanente do Consello Escolar antes do verán. Nesta Permanente están presentes os sindicatos FSIE, UGT e CCOO. O 27 de xullo deuse traslado do ditame a todos os membros do Pleno ó que pertence USO. Na reunión, todos os sindicatos fóra de FSIE manifestaron que non coñecían o Proxecto de Real Decreto e que o recibiron escasos días antes do 3 de outubro.

Na Permanente do mes de xullo, FSIE trasladou ó Director Xeral do Ministerio de Educación o seu malestar por presentar perante o Consello Escolar unha norma que, afectando directamente ós profesionais do ensino concertado e privado, non fora debatida nin coñecida no seo da mesa sectorial do ensino concertado. FSIE esixiu, nesa reunión, ó Ministerio de Educación que calquera norma que tivese incidencia sobre o sector debería ser traballada con anterioridade na mesa de negociación e despois trasladada ó Consello Escolar. Esta mesma petición realizouna FSIE o día 3 de outubro.

UNHA GUÍA ENSINA ÓS PROFESORES A ATENDER ALUMNOS CON ASMA

O 98 % dos nenos con asma poden facer deporte ao nivel que queiran, incluso en alta competición. Esta é unha das aclaracións do libro-guía que onte presentaron para toda España as fundacións María José Jove e BBVA sobre esta enfermidade, un texto que está pensado para pais e profesores, e que está dispoñible, gratis, nas webs de ambas as entidades.

CALENDARIO ELECCIÓNS MEMBROS CONSELLOS ESCOLARES NA CONCERTADA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Ver RESOLUCIÓN (DOG, 20-09-2012)

 

 Banner Decalogo2

Temos 105 anónimos e ningún membro en liña