FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

ABERTO PRAZO SOLICITUDES NOVAS HABILITACIÓNS

Lembra que está aberto o prazo ordinario para solicitar NOVAS HABILITACIÓNS, dende o 10 ata o 31de xaneiro 2012.

Tés moita información ó respecto na nosa páxina. Clica neste enlace para acceder.

Se aínda che cómpre máis información non deixes de contactar connosco en calquera dos teléfonos.

Tamén podes acceder dende aquí á páxina da Consellería para comezar e xerar a solicitude.

EDUCACIÓN AUMENTARÁ A INSPECCIÓN DOS REQUISITOS DOS COLEXIOS CONCERTADOS

(LA VOZ DE GALICIA, 14-12-2011)


O cumprimento das condicións dos concertos educativos con colexios privados, con especial atención tanto ás aulas como ós requisitos de acreditación que debe reunir o profesorado será durante este curso unha das liñas prioritarias da inspección educativa. Así o recolle o Plan Xeral de Actuación da Inspección Educativa, que fixa outras prioridades como a supervisión de todos os programas estrela postos en marcha polo actual Goberno como o Abalar, as seccións bilingües, os centros plurilingües ou os contratos programa.


Estes plans prioritarios fíxanse cada ano en función das necesidades existentes e dos obxectivos que programara a Consellería, de aí a importancia que dá ó seguimento e á supervisión dos novos programas da Xunta que potencian as linguas estranxeiras e mais as novas tecnoloxías.


Entre as tarefas da inspección figuran, amais destas actuacións prioritarias, unha serie de tarefas habituais que teñen que ver co absentismo do profesorado e mais do alumnado, expedientes disciplinarios, avaliación da función directora ou a participación na selección de directores e dos catálogos do profesorado.


Avaliación a 40.000 alumnos


A Lei Orgánica de Educación establece a obriga de realizar unha avaliación das capacidades do alumnado, proba que en Galicia se aplicou por primeira vez no 2009. Este curso farase en maio, e ela participarán os estudiantes que cursen cuarto de primaria e segundo de secundaria, uns 40.000. A primeira delas terá lugar os días 23 e 24 de maio do 2012; e a de secundaria o 9 e 10 de maio. As competencias que se medirán serán a comunicación lingüística, a competencia matemática e o coñecemento e interacción co mundo físico. A proba permite facer unha avaliación do nivel do alumnado, e, unha vez obtidos os resultados, os centros deben establecer medidas de mellora nos aspectos nos que se requira. A inspección educativa tamén asesorará ós centros sobre estas medidas.
 

Publicada o 24-11-2011 a RESOLUCIÓN e mais as listaxes definitivas da PEA

O 24 de novembro de 2011 foi colgada na web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a relación definitival de solicitudes admitidas e excluídas da paga extraordinaria por antigüidade na empresa e as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.

Para acceder á web da Consellería

RESOLUCIÓN

Listaxe relación definitiva SOLICITUDES ADMITIDAS

Listaxe relación definitiva SOLICITUDES EXCLUÍDAS

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 82 anónimos e ningún membro en liña