FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

AMPLIADO O PRAZO DE FEBREIRO PARA A SOLICITUDE DAS HABILITACIÓNS

A COMISIÓN AUTONÓMICA DE HABILITACIÓNS DE GALICIA decidiu prorrogar o prazo correspondente á convocatoria extraordinaria do mes de febreiro 2012 para a solicitude de habilitacións, polo que a aplicación informática estará dispoñible ata as 12 da noite do venres 9 de marzo.

Asimesmo informa que a aplicación informática para a solicitude na convocatoria de marzo 2012 estará dispoñible do día 12 ao 31 de marzo.

ATENCIÓN: ata o día 7 de febreiro non se poderá comezar coas solicitudes de habilitación da convocatoria extraordinaria de febreiro 2012!

"A aplicación informática para a solicitude na convocatoria extraordinaria de febreiro 2012 estará dispoñible a partires do 7 de febreiro"

A Comisión de Habilitacións de Galicia puxo este texto na páxina web https://www.edu.xunta.es/habilitacions/ dende onde procederá cadaquén a xerar a/s solicitude/s de habilitación ó longo do mes de febreiro (convocatoria extraordinaria) por teren necesidade de readaptar a aplicación informática; polo que é practicamente inútil tratar de ir adiantando algo de cara a esa data pois de nada servirá porque a que está agora non vale para as habilitacións de febreiro, ata a data sinalada pola propia Comisión.

Tamén, ésta informou que pensa sacar/publicar unhas novas instrucións, supoñemos antes de comezar coas solicitudes o día 7 de febreiro e as cales esperamos aclaren o máis posible certas cuestións que a día de hoxe están de todo dubidosas.

ABERTO PRAZO SOLICITUDES NOVAS HABILITACIÓNS

Lembra que está aberto o prazo ordinario para solicitar NOVAS HABILITACIÓNS, dende o 10 ata o 31de xaneiro 2012.

Tés moita información ó respecto na nosa páxina. Clica neste enlace para acceder.

Se aínda che cómpre máis información non deixes de contactar connosco en calquera dos teléfonos.

Tamén podes acceder dende aquí á páxina da Consellería para comezar e xerar a solicitude.

 Banner Decalogo2

Temos 95 anónimos e ningún membro en liña