Secundario Comunic Novas Auton Prensa

 

PRESENTACIÓN Á PRENSA DA CAMPAÑA "RECUPEREMOS O QUE NOS QUITARON"

IMG-20151023-WA0002Hoxe, día 23 de outubro de 2015 ás 11:00 horas no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela, FSIE e as demais organizacións sindicais (UGT, CCOO, USO e CIG) convocamos unha rolda de prensa para trasladar á opinión pública a nula vontade da Administración en negociar os seguintes temas:
 
1. A devolución da parte do noso salario recortado e a RESTAURACIÓN do salario que percibiamos en 2010.
2. Un novo Acordo de Mantemento de Emprego.
3. Un Acordo para o aboamento da paga de antigüidade na empresa
 
Por isto e co ánimo de que a Consellería reconsidere a súa postura, acordamos promover unha campaña de recollida de sinaturas para logo facerllas chegar á Presidencia do Goberno autonómico.

EDUCACIÓN NON RECORRE O FALLO CONTRA OS COLEXIOS QUE SEPARAN POR SEXO.

Apenas quince días despois de que o Goberno galego decidise acatar a sentenza sobre o decreto do plurilingüismo, a Consellería de Educación seguiu a mesma liña noutra das normas que chegaran aos xulgados, os concertos educativos que practican a chamada educación diferenciada, é dicir, nenos e nenas en aulas separadas. O fallo, tras un recurso presentado polo sindicato de profesorado STEG, deuse a coñecer o xoves 14 de marzo, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, confirmou onte durante unha comparecencia parlamentaria que acatarían a sentenza.

ROLDA DE PRENSA CONVOCADA POLOS SINDICATOS DA CONCERTADA: FSIE, UGT, CCOO E USO

                                                                   Contra os Recortes Salariais na ConcertadaClica para aumentar zoom

Hoxe,14 de marzo de 2013, ás 11:00 horas en CERSIA, Centro de Recursos e Servizos Intergrais de Apoio á Empresa, en Santiago de Compostela tivo lugar unha rolda de prensa convocada polos sindicatos na que participaron por FSIE, Armindo Francisco Mera; por UGT, Gerardo Morano; por CCOO Purificación Bernárdez Álvarez e por USO Pedro Nozal, para explicar a situación inxusta e discriminatoria que están a sufrir os traballadores do ensino concertado:

O Presidente da Xunta afirmou que ninguén que perciba o salario da Administración cobrará menos que en 2012.

Sen embargo, Os feitos din o contrario: 7.000 traballadores do ensino concertado verán reducido o seu salario nun 2’2% respecto a 2012.

Os citados representantes sindicais presentaron, deseguido, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as sinaturas recollidas (máis de 4.500 sinaturas) contra esta e outras medidas que están a atentar contra os intereses laborais dos traballadores do ensino concertado.

  

www.crtvg.es


 

 

A XUNTA REXEITA SUBIR AS RATIOS NAS AULAS COMO PROPÓN MADRID

(LA VOZ DE GALICIA, 26-4-2012)

Manterá os 25 alumnos por clase en primaria e 30 en secundaria

A normativa impulsada polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, para reducir o gasto educativo das comunidades autónomas a base de aumentar ata un 20 % o número de alumnos por aula non vai ter efectos en Galicia, onde se seguirán cumprindo os cocientes que están actualmente en vigor. Así o expresou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa intervención nunha sesión de control parlamentaria marcada de novo pola axenda de recortes ditada desde Madrid para cumprir co obxectivo de déficit público.

 

EDUCACIÓN AUMENTARÁ A INSPECCIÓN DOS REQUISITOS DOS COLEXIOS CONCERTADOS

(LA VOZ DE GALICIA, 14-12-2011)


O cumprimento das condicións dos concertos educativos con colexios privados, con especial atención tanto ás aulas como ós requisitos de acreditación que debe reunir o profesorado será durante este curso unha das liñas prioritarias da inspección educativa. Así o recolle o Plan Xeral de Actuación da Inspección Educativa, que fixa outras prioridades como a supervisión de todos os programas estrela postos en marcha polo actual Goberno como o Abalar, as seccións bilingües, os centros plurilingües ou os contratos programa.


Estes plans prioritarios fíxanse cada ano en función das necesidades existentes e dos obxectivos que programara a Consellería, de aí a importancia que dá ó seguimento e á supervisión dos novos programas da Xunta que potencian as linguas estranxeiras e mais as novas tecnoloxías.


Entre as tarefas da inspección figuran, amais destas actuacións prioritarias, unha serie de tarefas habituais que teñen que ver co absentismo do profesorado e mais do alumnado, expedientes disciplinarios, avaliación da función directora ou a participación na selección de directores e dos catálogos do profesorado.


Avaliación a 40.000 alumnos


A Lei Orgánica de Educación establece a obriga de realizar unha avaliación das capacidades do alumnado, proba que en Galicia se aplicou por primeira vez no 2009. Este curso farase en maio, e ela participarán os estudiantes que cursen cuarto de primaria e segundo de secundaria, uns 40.000. A primeira delas terá lugar os días 23 e 24 de maio do 2012; e a de secundaria o 9 e 10 de maio. As competencias que se medirán serán a comunicación lingüística, a competencia matemática e o coñecemento e interacción co mundo físico. A proba permite facer unha avaliación do nivel do alumnado, e, unha vez obtidos os resultados, os centros deben establecer medidas de mellora nos aspectos nos que se requira. A inspección educativa tamén asesorará ós centros sobre estas medidas.
 

Temos 45 anónimos e ningún membro en liña