FSIE 40 años

Pancarta diante SCaetanoDespois de que a Consellería de Educación non se dignara en dar resposta á petición rexistrada, durante a concentración dos liberados e liberadas de FSIE e as demais organizacións sindicais, CIG Ensino, CCOO, feUSO e UGT FeSP, máis representativas da ensinanza concertada levada a cabo o 4 de abril en Santiago de Compostela, e seguindo co plan de acción establecido:

mañá 25 de abril terá lugar outra concentraciónn, esta vez, dos delegados de persoal e membros de comités de empresa da ensinanza concertada de 11:30 a 12:30 horas diante da Consellería de Educación en Santiago para solicitar a convocatoria da Comisión Tripartita da ensinanza concertada onde tratar, buscar e dar solución ós problemas que vimos arrastrando os traballadores e traballadoras da concertada dende hai unha chea de anos. Durante esta concentración, daránselle entrada por rexistro ás case que 5000 sinaturas recollidas que avalan o noso enorme descontento con este Goberno ó que se solicita unha vez tras outra, NEGOCIACIÓN NA CONCERTADA XA!.

Documentos relacionados
Nota de prensa (Faro de Vigo)

 

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 30 anónimos e ningún membro en liña