FSIE 40 años

(LA VOZ DE GALICIA, 26-4-2012)

Manterá os 25 alumnos por clase en primaria e 30 en secundaria

A normativa impulsada polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, para reducir o gasto educativo das comunidades autónomas a base de aumentar ata un 20 % o número de alumnos por aula non vai ter efectos en Galicia, onde se seguirán cumprindo os cocientes que están actualmente en vigor. Así o expresou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa intervención nunha sesión de control parlamentaria marcada de novo pola axenda de recortes ditada desde Madrid para cumprir co obxectivo de déficit público.

 

 

O mandatario galego asumiu este compromiso a instancias da portavoz do BNG, Ana Pontón, que acusou ao PP de aproveitar o contexto de crise para «desmantelar» a educación e a sanidade públicas para profundar nas privatizacións. «Se Galicia é solvente, se tén contas realistas, por que vai aplicar os recortes», insistiu.

Feijoo argumentou que en Galicia non se adoptou «ningunha medida» para cobrar polo acceso dos galegos á educación e á sanidade públicas. É máis, aclarou que o incremento de alumnos por aula recollidos no real decreto lei non son obrigatorios, a pesar de tratarse de normativa básica do Estado, razón pola cal non se aplicarán en Galicia. «Non utilizaremos o incremento de alumnos por clase», abundou Feijóo, dando por certo que o cociente seguirá sendo dun tope de 25 alumnos por aula en infantil e en primaria e de 30 alumnos en secundaria, no canto dos 30 e 35 que fixa de máximo o decreto.

Ver a NOVA enteira
 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 71 anónimos e ningún membro en liña