FSIE 40 años

GuarderiaAs organizacións do sector da Educación Infantil asinan unha Declaración Conxunta na que se reclama apoio económico ao sector, prorrogar os ERTE e que se fixen unhas condicións claras para a apertura segura dos centros.

As organizacións patronais ACADE, CECEI, EyG, CECE, FCIC, SALVEM 0-3, e as organizacións sindicais CCOO, FeSP-UGT, FSIE e USO, integrantes da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de Ámbito Estatal de Centros de Asistencia e Educación Infantil, asinaron unha Declaración Conxunta na que se pón de manifesto a súa preocupación pola situación do sector no contexto do COVID-19.

Para garantir a viabilidade dun sector que xa viña sufrindo dificultades económicas estruturais, agravadas polo actual estado de alarma, as organizacións do sector reclaman:

Planificar ben a volta no próximo curso escolar e que a autoridade sanitaria dite de maneira urxente normas claras que permitan a reapertura dos centros con todas as garantías hixiénico-sanitarias, para o alumnado e as persoas traballadoras.

Prorrogar os ERTE por causa de Forza Maior ata que se normalice a actividade educativa presencial, mantendo as exoneracións nas cotas da Seguridade Social establecidas ata o momento.

Axudas fiscais, laborais e económicas que permitan garantir o sostemento dos centros, o mantemento do emprego (que afecta a máis de 50.000 persoas, principalmente mulleres), e a escolarización de 205.000 alumnos.

Para garantir todo iso, solicítase que se constitúa unha mesa sectorial da Educación Infantil que sirva para negociar, agora e no futuro, as cuestións específicas do sector.

Documentos relacionados

Nota de Prensa_Declaración Conjunta Educación Infantil

 Banner Decalogo2

Temos 86 anónimos e ningún membro en liña