FSIE 40 años

Con data 19 de xuño foi asinado o VI Convenio Colectivo do Ensino Concertado polas organizacións sindicais FSIE, FEUSO, FETE-UGT e as organizacións empresariais EyG, CECE, FEDACES e APSEC.

 

A firma do Convenio dá ao sector una certa tranquilidade imprescindible nestes momentos de incerteza e continuos problemas xerados polas decisións das distintas administracións.

 

FSIE, FEUSO e FETE-UGT agradecen a todos os traballadores o apoio e confianza recibida neste longo proceso desenvolvido nun contexto difícil e que esixiu unha complexa e longa negociación.

O acordo sustentouse no intenso traballo sindical e patronal realizado nestas últimas semanas e que permitiu, entre todos, atopar os puntos de encontro que fixeron posible que siga existindo o convenio colectivo no sector.

Valoramos de forma moi positiva ter un marco pactado que siga regulando as relacións laborais do noso sector. Coa firma deste convenio evítase a súa desaparición e a perda de todos os dereitos sendo isto o maior beneficio para traballadores e empresas.

PDF DÉCIMO comunicado conxunto de FSIE, USO e UGT pola sinatura do VI convenio colectivo do Ensino Concertado

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 40 anónimos e ningún membro en liña