PUBLICADO NO BOE O VII CONVENIO DE COLEXIOS MAIORES

O BOE publica hoxe (5-10-2012 o VII Convenio Colectivo Nacional de colexios maiores universitarios, que foi subscrito con data 19 de xullo de 2012, dunha parte polas asociacións empresariais CECE, EeX e ACADE en representación das empresas do sector, e doutra polos sindicatos USO, CC.OO, FSIE e UGT, en representación dos traballadores.

Ver o texto do VII Convenio (BOE, 5-10-2012) 

FSIE ASINA O VII CONVENIO DE COLEXIOS MAIORES

No día de hoxe (19-7-2012) FSIE xunto co resto de organizacións sindicais e patronais que conforman a mesa de negociación do VII Convenio Nacional de Colexios Maiores Universitarios Privados procedemos á firma e á realización dos trámites pertinentes para o envío ao BOE do texto do novo Convenio. 

FSIE ASINA O VI CONVENIO DE COLEXIOS MAIORES

O pasado día 10 de xullo subscribiuse por parte de CECE, EeX e ACADE, como organizacións patronais, e polas Organizacións Sindicais de FSIE e USO o VI Convenio Nacional de Colexios Maiores.

 

Este convenio asinado, tén as seguintes novidades:

  • Vixencia por 4 anos.
  • Incremento salarial dun incremento do 2,7 % en salario base e 0,25% en antigüidade.
  • Vacacións: un día máis de vacacións en Semana Santa.
  • Adaptacións legais á nova normativa.


Ver VI Convenio

Temos 105 anónimos e ningún membro en liña